Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.615

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (204/1994).

Eu, a secretaria, Violeta Reboredo Otero, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo de desafiuzamento 204/1994, seguido por instancia de Luis María Gil Marín, contra José López Sánchez, declarado en rebeldía e en paradoiro descoñecido.

Vistos pola Sra. xuíza as presentes actuacións, procédese a dicta-la seguinte resolución, da que a decisión di literalmente:

Que estimando como estimo a demanda promovida por Luis María Gil Marín, representado pola procuradora Sra. Pernas Grobas, contra José López Sánchez, debo declarar e declaro haber lugar ó desafiuzamento solicitado. Na súa virtude, condeno a parte demandada a estar e pasar por esta resolución e a que desaloxe, deixe libre e ó dispor da actora a casa sita no lugar de Priorada, da parroquia de San Cibrao, do concello de Melide, baixo apercibimento de lanzamento se non o verifica no prazo legal, condenando así mesmo a parte demandada ó pagamento das custas procesuais causadas.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes en legal forma, advertíndolles que contra ela cabe interpor recurso de apelación dentro do prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. María Dolores de los Ríos Andérez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa e o seu partido.

E para que teña os efectos oportunos expido o presente edicto en Arzúa, cinco de xuño de 1995.

Maxistrada-xuíza

Rubricado

95-04313