Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.615

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO VINTEOITO DE BARCELONA

EDICTO (16/1993).

Nuria Barriga López, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número vinteoito dos de Barcelona, fago saber que neste xulgado, sito en Barcelona, Vía Laietana número dous, se seguen autos nº 16/1993, sección 1ª, instado por Teresa Chousa Losada sobre declaración de herdeiros abintestato de María Nieves Chousa Valiña falecida o día 15 de xuño de 1990, de estado solteira, filla de Antonio Chousa López e Matilde Valiña Barrio, e nas actuacións reclámase a herdanza da dita causante a favor de seus irmáns Bautista e María Flora Chousa Valiña e súas sobriñas María Teresa e Julia Chousa Losada.

E polo presente edicto chámase a aqueles que se crean con igual ou mellor dereito cós expresados anteriormente, para que comparezan perante este xulgado a reclamalo, dentro do termo de trinta días, baixo apercibimento de que noutro caso recaerá sobre eles o prexuízo a que houbese lugar en dereito.

En Barcelona, o vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e catro.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

95-04312