Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.614

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 1995 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán o concurso da praza 1294/1994 de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito Real decreto, mediante o que foron designados pola secretaría xeral desta universidade os vocais correspondentes, e dado que se trata dun concurso de méritos e non dun concurso ordinario,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán o concurso de méritos, para a provisión de varias prazas de profesorado desta universidade, convocada por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do 3 de xaneiro de 1995 (BOE do 24) e que son ás que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: filoloxías galega e portuguesa.

Praza nº: 1294/1994.

Comisión titular.

Presidente: Ramón Lorenzo Vázquez, catedrático universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Carme Ares Vázquez, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: José Antonio Palacio Sánchez, catedrático de escola universitaria. Universidade de Vigo.

Vocal 2º: Elena Losada Soler, profesora titular de universidade. Universidade Central de Barcelona.

Vocal 3º: Carlos Paulo Martínez Pereiro, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Comisión suplente.

Presidente: José L. Rodríguez Fernández, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretaria: Blanca Roig Rechou, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: José María Dobarro Paz, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocal 2º: José Luis Sánchez Ferraces, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Vigo.

Vocal 3º: Perfecto Cuadrado Fernández, profesor titular de universidade. Universidade de Baleares.

95-03573