Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.614

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 1995 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 94/051 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado Real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha de resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade nº 94/051, convocada por resolución rectoral do 3 de outubro de 1994 (BOE do 25 de outubro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados a partir da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 30 de maio de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: proxectos arquitectónicos.

Praza nº: 94/051.

Comisión titular:

-Presidente: Baltar Tojo, Rafael. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

-Secretario: Meijide Calvo, Carlos Enrique. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

-Vocais: Bordes Caballero, Félix Juan. Catedrático de universidade. Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Linazasoro Rodríguez, José Ignacio. Catedrático de universidade.

Universidade Politécnica de Madrid.

Viaplana Vea, Alberto. Catedrático de universidade.

Universidade Politécnica de Cataluña.

Comisión suplente:

-Presidente: Navarro Baldeweg, Juan. Catedrático de universidade.

Universidade Politécnica de Madrid.

-Secretario: Trillo de Leiva, Manuel. Catedrático de universidade.

Universidade Politécnica de Sevilla.

-Vocales: Casas Gómez, Manuel de las. Catedrático de universidad.

Universidad Politécnica de Madrid.

Fernández Galiano Ruiz, Luis Antonio. Catedrático de universidade.

Universidade Politécnica de Madrid.

Piñón Pallares, Heliodoro. Catedrático de universidade.

Universidade Politécnica de Cataluña.

4055