Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.618

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REQUISITORIA (111/1994).

Rosa Tesouro Cid, oficial en funcións de secretaria xudicial do Xulgado de Instrucción número tres de Santiago de Compostela.

Dou fe de que nos autos de xuízo de faltas número 111/1994 se dictou requisitoria do teor literal seguinte:

Pola presente requisitoria e en xuízo de faltas núm. 111/1994 seguido neste xulgado sobre lesións en agresión, requírese e cítase a Vicente Martínez Román natural de Vizcaya, nado o día 31 de xaneiro de 1961, fillo de Juan e de Mª de la Villa, con último enderezo coñecido Avenida de Lugo nº 237-1º piso, Santiago de Compostela, para que no prazo de dez días contados a partir do seguinte a aquel en que esta requisitoria apareza inserta no Diario Oficial de Galicia, compareza perante este Xulgado de Instrucción núm. tres de Santiago, co obxecto de cumpri-las penas impostas en sentencia firme dictada nos autos antes indicados do 5 de xullo de 1994, penas de cinco días de arresto menor e a que indemnice a Ricardo Tato Pintos en 5.000 pesetas por lesións.

Ordénase e encárgase a tódalas autoridades e ós funcionarios da policía xudicial que así que teñan coñecemento do paradoiro do referido penado, procedan á súa presentación perante o organismo xudicial correspondente.

Santiago de Compostela, once de maio de mil novecentos noventa e cinco. A maxistrada xuíza. Asinado. Leonor Castro Calvo.

E para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e sirva de citación e requirimento ó penado Vicente Martínez Román, expido a presente requisitoria en Santiago de Compostela, once de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado

95-03471