Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.618

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (219/1994).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos ós que se fará mención se dictou a sentencia que no seu encabezado e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela o vintenove de novembro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos polos presentes autos de xuízo executivo nº 219/1994, seguidos ante este xulgado por instancia da Caixa Postal, S.A., con DNI/CIF A-80089063, con domicilio na r/ Recoletos, 7, Madrid, representada por Ricardo García Piccoli Atanes, contra Mª Isabel Vecín Álvarez, domiciliada na r/ Salvadas, 13-2º A, Santiago de Compostela, e José González Caamaño, domiciliado na r/ Salvadas, 13, 2º A, Santiago de Compostela, declarados en rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes, na representación que ten acreditada da Caixa Postal, S.A., debo mandar e mando seguir adiante a execución dos bens embargados ós demandados Mª Isabel Vecín Álvarez e José González Caamaño, ata facer remate deles e co seu producto, enteiro e cumprido pagamento ó acredor da suma de 483.033 ptas. por principal debido á executante como capital e xuros devengados pola referida póliza, mailo xuro pactado desde a data de certificación do corredor de comercio e ata que se faga efectivo pagamento do principal, condenando así mesmo o dito demandado ó pagamento das custas causadas e que se causen, ata a súa total e completa liquidación, as cales foron orzadas en 250.000 pesetas.

Notifíquese esta sentencia ó demandado rebelde de conformidade co establecido no artigo 769 da LAC.

Advírtase ás partes de que esta sentencia non é firme e de que contra ela cabe recurso de apelación por escrito ante este xulgado dentro do prazo de cinco días contados desde a súa notificación, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación en forma á demandada

en rebeldía, María Vencín Álvarez, expido e asino esta cédula de notificación en Santiago de Compostela o catro de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-03944