Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.595

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 2 de xaneiro de 1995 pola que se aproba a concesión administrativa da batea denominada Arnela, a favor de Luis Prado Acha.

Declarado de interese marisqueiro e de urxente execución o procedemento de revisión dos polígonos A, B, C, D, E, F, G, H, e I, do distrito marítimo de Cambados, por orde do 4 de maio de 1987 (DOG nº 96 e 100). Tendo en conta a resolución do conselleiro do 30 de xullo de 1992, estimando o recurso de alzada, interposto por Luis Prado Acha, e tendo en conta que no expediente da batea de que se trata se cumpriron os trámites que dispón a lexislación vixente; esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, logo do informe xurídico emitido polo Servicio Técnico Xurídico,

ACORDA:

Outorgar concesión administrativa, para a explotación do seguinte viveiro, coas características e deteminacións que se mencionan:

Titular: Luis Prado Acha.

Nome do viveiro: Arnela.

Situación: cuadrícula 120, Cambados «G».

Cultivo: ostra.

Plataforma: 23 x 20, con 4 flotadores de 3.80 x 1.20

A concesión administrativa se outorga baixo as seguintes

CONDICIÓNS:

Primeira.-Outórgase polo prazo de dez (10) anos, prorrogables, por prazo da mesma duración a petición do interesado antes do seu vencemento, ata un total de trinta anos a partir da data de publicación no DOG, conforme o disposto no artigo 59º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Segunda.-Esta concesión extinguirase polas causas previstas no artigo 72º, da mencionada lei 6/1993, e polo disposto no artigo 24.4º do Decreto 423/1993, ou por incumprimento dalgunha das condicións desta orden.

Terceira.-A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, reserva para si en todo caso, o dereito de rescate da concesión e a facultade de expropia-lo concesionario por causas de utilidade pública, coa indemnización que corresponda de acordo co que dispoña a lexislación en vigor.

Cuarta.-O concesionario queda obrigado a observa-los preceptos que determina a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, Título II-Cultivos mariños, capítulo I, de conformidade co disposto no Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extrac

ción de algas e cultivos mariños; así como cantas disposicións relacionadas con esta actividade estean vixentes.

Quinta.-O concesionario queda obrigado a proporcionarlle á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura os datos estatísticos que reglamentariamente se determinen, de conformidade co disposto no artigo 18º da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, e artigo 73º da mencionada Lei 6/1993.

Sexta.-De acordo co disposto no artigo 25.3 do mencionado Decreto 423/1993, o viveiro deberá ostentar visiblemente unha placa identificativa de acordo co modelo aprobado para o efecto.

Séptima.-O concesionario deberá xustifica-lo pago á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas ou acredita-la declaración de non estar suxeito ó acto ó dito imposto, feito pola Delegación de Facenda ou pola oficina liquidadora correspondente.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 1995.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

4024