Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.596

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 24 de maio de 1995 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Rava nº 2, a favor de José García Saavedra.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta o previsto no artigo 9 do Decreto 1559/1961, do 30 de novembro, e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Rava nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización:; Caramiñal E, cuadrícula nº 247.

Data da concesión: 5-11-1976.

Data do remate da última prórroga: 3-12-1996.

Anterior concesionario: José Yáñez Muñiz.

Novo titular da concesión e batea: José García Saavedra.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 24 de maio de 1995.

P.D. (Orde 27-6-1990).

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial

3318