Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.594

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, pola que se notifican os emprazamentos ás partes interesadas nos recursos contencioso-administrativos números 2/5702/94, 2/5703/94, 2/5707/94 e 2/5708/94 relativos á zona de concentración parcelaria de Bóveda-Vilar de Barrio (Vilar de Barrio-Ourense) ó resultaren descoñecidos os enderezos dos seus destinatarios.

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.1º 4, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase o emprazamneto ós interesados cos datos persoais e o último enderezo coñecido que se sinalan no anexo I, pola interposición dos recursos contencioso-administrativos

números 2/5702/94, 2/5703/94, 2/5707/94 e 2/5708/94 co obxecto de poder comparecer en parte en autos se así o coidasen oportuno, mediante procurador con asistencia de letrado ou avogado con poder para o efecto, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados a partir da recepción da presente resolución.

ANEXO I

Destinatario: Joaquín Seguín Prol.

Enderezo: Vilar de Barrio, 32702 Vilar de Barrio-Ourense.

Recurso nº: 2/5702/94 interposto por Bernardo Salgado Rodríguez.

Zona de concentración parcelaria: Bóveda-Vilar de Barrio (Ourense).

Destinatario: Francisco Cid Meno.

Enderezo: Vilar de Barrio, 32702 Vilar de Barrio-Ourense.

Recurso nº: 2/5703/94 interposto por Vicente Morán Díaz.

Zona de concentración parcelaria: Bóveda-Vilar de Barrio (Ourense).

Destinatario: María Rodríguez Cid.

Enderezo: Vilar de Barrio, 32702 Vilar de Barrio-Ourense.

Recurso nº: 2/5703/94 interposto por Vicente Morán Díaz.

Zona de concentración parcelaria: Bóveda-Vilar de Barrio (Ourense).

Destinatario: Carmen Enríquez Simón.

Enderezo: Vilar de Barrio, 32702 Vilar de Barrio-Ourense.

Recurso nº: 2/5707/94 interposto por Cándida Grande Grande.

Zona de concentración parcelaria: Bóveda-Vilar de Barrio (Ourense).

Destinatario: Joaquín Seguín Prol.

Enderezo: Vilar de Barrio, 32702 Vilar de Barrio-Ourense.

Recurso nº: 2/5708/94 interposto por Manuel Vázquez Fernández.

Zona de concentración parcelaria: Bóveda-Vilar de Barrio (Ourense).

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1995.

Ángel Ligero Fraile de Tejada

director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural

4369