Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 10 de xullo de 1995 Páx. 5.506

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Labauto Ibérica, S.A. de Ourense para o ano 1995.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Labauto Ibérica, S.A. (código nº 3200502), de Ourense para o ano 1995, que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 10 de maio do ano en curso, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo seu comité, en xuntanza celebrada o día 2 de maio de 1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do convenio colectivo no libro rexistro desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 15 de maio de 1995.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Título I. Disposicións xerais

Artigo 1º.-Partes contratantes.

O presente convenio colectivo foi negociado pola empresa Labauto Ibérica, S.A., e a representación sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.) e Converxencia Intersindical Galega (CIG) e subscrito polos membros do comité pertencentes á representación sindical de

comisións obreiras e polo delegado sindical da dita central da factoría de San Cibrao das Viñas (Ourense), co ámbito territorial e persoal que máis abaixo se indica.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

De acordo co establecido no artigo 83.1º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, o ámbito territorial do convenio é o da empresa Labauto Ibérica, S.A., situada no polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta á totalidade do persoal pertencente ó cadro de persoal da empresa, coas excepcións que a normativa vixente prevé.

Con respecto ó persoal con contrato de duración determinada, seralle de aplicación o presente convenio colectivo nas mesmas condicións que se establecen no parágrafo anterior, agás naqueles aspectos del que colisionen coa temporalidade dos ditos contratos ou con acordos anteriores específicos.

Artigo 4º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o día do seu asinamento, sen prexuízo do cal as condicións económicas se aplicarán a partir do día 1 de xaneiro de 1995.

Terá unha vixencia de un ano, e expirará o 31 de decembro de 1995.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

Este convenio prorrogarase pola tácita de ano en ano, de non mediar denuncia expresa por escrito dunha parte ante a outra, con tres meses de antelación ó seu vencemento.

O convenio colectivo permanecerá igual en todo o seu contido social e económico ata que se asine outro que o substitúa.

Artigo 6º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio colectivo establécense co carácter de mínimas.

Tódalas melloras que sexan implantadas por normas legais ou outras, serán compensables e absorbibles ata onde alcancen, cos aumentos e melloras existentes ou que poidan establecerse no futuro, sempre que en cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Así mesmo, ós traballadores que con anterioridade ó asinamento deste convenio teñan recoñecidas condicións económicas de mellor dereito, lles sexan mantidas estas.

Artigo 7º.-Comisión paritaria do convenio.

En cumprimento do disposto no artigo 85.2º d) da Lei 8/1980, do 10 de marzo, a partir da entrada en vigor deste convenio, crearase unha comisión paritaria para a interpretación do convido, integrada por tres representantes titulares e dous suplentes designados pola empresa, e tres vocais titulares e dous suplentes elixidos por e de entre os membros do comité de empresa, todos eles integrantes das respectivas comisións negociadoras deste convenio.

As reunións desta comisión celebraranse sempre que asista o 50% máis un, polo menos, dos membros que a compoñen, e, para reunirse, será suficiente que unha das partes o solicite. Entre esta solicitude e a reunión mediará un prazo de 48 horas, como mínimo.

Consideraranse como acordos da comisión aqueles que fosen aprobados por maioría dentro das dúas partes; as discrepancias serán reflectidas na acta.

No caso de non haber acordo, farase que reflicta as diferencias. En ámbolos casos o dictame da comisión servirá de informe e asesoramento á dirección da empresa e ós traballadores afectados. A dirección resolverá o que coide procedente no prazo de oito días e notificarállelo a aqueles, por se deciden acudir coa súa reclamación perante a xurisdicción competente.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

Título II. Persoal

Artigo 8º.-Cadros de persoal.

A empresa dará a coñecer no transcurso do mes de marzo de cada ano un rexistro do persoal ó servicio dela, ordenado polo seu número e facendo consta-los seguintes datos: nome e número do traballador, categoría laboral e a súa antigüidade nela, profesión ou oficio e servicio en que traballa.

Unha copia deste rexistro será entregada ó comité de empresa xunto cun anexo no que figurará un resumo do número de compoñentes de cada categoría.

Estes datos referiranse á situación laboral e profesional dos traballadores o 1 de xaneiro de cada ano de publicación do rexistro.

Respecto das bases de cotización á Seguridade Social, haberá que aterse ó disposto na normativa legal vixente.

Artigo 9º.-Persoal de novo ingreso (período de proba).

Ó persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito, do que deberá quedar unha copia no seu poder.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Técnicos non titulados: 2 meses.

-Administrativos: 1 mes.

-Subalternos: 1 mes.

-Aprendices e profesionais de oficio: 1 mes

-Peóns, especialistas e cableadores: 2 semanas

Artigo 10º.-Categorías.

O persoal de Labauto Ibérica, S.A. estará encadrado nas categorías profesionais que determina a normativa vixente de aplicación e de conformidade coas definicións que figuran nos seus anexos. Á parte das diferentes categorías existentes na actualidade na empre

sa, esta poderá crear outras categorías non incluídas na normativa vixente, e que supoñan unha adaptación ás características propias da empresa, e logo de informe dos representantes dos traballadores que subscriben este convenio.

Artigo 11º.-Postos especiais do persoal horario.

Mesmo dentro dunha determinada categoría existen postos de traballo de diferente valor que son retribuídos de maneira distinta, mediante a prima de cualificación de posto. Nos casos especiais en que aínda non é tecnicamente posible a medición do traballo e a aplicación dun incentivo directo, cunha prima de cualificación de posto, como son os regradores especialistas e os xefes de equipo especialistas, a empresa manterá as primas fixas de cualificación de posto actualmente establecidas, e que, de acordo coas posibilidades dos servicios técnicos, irán sendo substituídas polos sistemas de incentivos.

En calquera caso e para un mesmo posto e un mesmo rendemento, a retribución que no seu día resulte destes incentivos non deberá ser inferior á que globalmente se veña percibindo coas primas fixas de cualificación de posto.

Artigo 12º.-Xefes de equipo especialistas.

Dentro dos postos especiais citados no artigo anterior, defínese como o do traballador que, coa categoría de especialista, asume o control do traballo dun grupo de especialistas ou peóns, baixo as ordes dun superior xerárquico, e deberá estar en condicións de efectuar traballos manuais por suplencia do persoal ó seu cargo, ou cando as circunstancias o requiran.

Neste caso, cando un traballador desempeña tales funcións durante un período de un ano consecutivo ou durante tres alternos, se logo cesa na súa función, manterase, con carácter de mínima, a prima de cualificación establecida para o dito posto, ata que polo seu ascenso a superior categoría quede superada.

Artigo 13º.-Ascensos.

Haberá que aterse ó disposto na normativa vixente, coas seguintes puntualizacións:

a) Promoción automática a categoría superior.

Para as categorías que se indican a continuación os traballadores ascenderán automaticamente cando leven nelas os seguintes períodos de tempo:

-Auxiliar de organización a técnico de organización de 2ª: 1 ano.

-Calcador ou auxiliar delineante a delineante de 2ª: 1 ano.

-Auxiliar administrativo a oficial 2ª administrativo: 1 ano.

-Auxiliar laboratorio a analista de 2ª: 1 ano.

-Dependente a auxiliar dependente: 1 ano.

b) Existindo vacantes por baixas de persoal:

A empresa convocará concursos que permitan clasifica-lo persoal para cubrir por ascenso as vacantes producidas por baixas de persoal.

Para cada concurso existirá un programa e un baremo de puntuación confeccionado pola empresa, baixo o cal poderán prepararse os traballadores, ben asistindo ós cursos da empresa, se os houbese, ben por preparación libre, e as distintas probas profesionais, teóricas e prácticas, serán feitas públicas cunha antelación mínima de 30 días a cada concurso.

Poderán presentarse ós concursos para cubrir prazas nos grupos obreiro, administrativo e técnico, nas súas diversas categorías, os traballadores que teñan unha antigüidade mínima de doce meses na categoría inferior correspondente ós postos a cubrir, dentro do subgrupo profesional respectivo.

No momento de realizar un concurso oposición, constituirase unha xunta cualificadora como máis adiante se especifica.

c) Existindo vacantes por aumento de cadro de persoal:

As vacantes que se produzan por este motivo cubriranse nun 50% por concurso oposición e nun 50% por libre designación da empresa.

Non quedan consideradas dentro destas últimas as vacantes que a empresa deba cubrir por propia designación como consecuencia de que ningún candidato fose declarado apto.

O concurso-oposición rexerase polo punto B do presente artigo, e será, no caso que nos ocupa, concurso libre e terá preferencia para cubri-las ditas vacantes os da categoría inmediata inferior, coas puntualizacións que máis adiante se fan referentes á xunta cualificadora.

d) Exceptúanse do réxime de ascensos especificados nos apartados B e C, na súa totalidade, os ascensos a xefes de 1ª e 2ª administrativos e de organización, e, en xeral, os ascensos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre outras persoas e os postos de confianza da empresa, así como o ascenso de peón a especialista.

As probas dos concursos oposicións consistirán nun exame das aptitudes profesionais, exclusivamente.

Existirá unha comisión cualificadora destes exames, composta por tres titulares e dous suplentes representantes da empresa e tres titulares e dous suplentes elixidos por e de entre membros do comité de empresa.

En caso de igual puntuación darase prioridade á maior antigüidade do traballador na súa categoría.

No prazo máximo de 15 días publicarase o resultado do exame.

Ós declarados aptos recoñeceráselle-la nova categoría para tódolos efectos o día 1 do mes seguinte ó da súa publicación.

Artigo 14º.-Traslados.

A) Traslados interiores.

A empresa poderá efectua-los traslados interiores que sexan necesarios por razóns organizativas de traballo, se ben procurará, dentro do posible, atende-las

peticións de traslado a outros postos de traballo que sexan solicitadas polo persoal do cadro de persoal.

Os traballadores especialistas que ocupen postos de traballo tóxicos serán trasladados, por petición propia, a outros postos que non presenten estas características e substituído por persoal de novo ingreso, sempre que se produza contratación exterior e leven máis de tres anos nun dos ditos postos.

Artigo 15º.-Xornada laboral e vacacións.

Establécese que a xornada será a mesma en horas efectivas de traballo en cómputo anual para todo o persoal.

O número de horas efectivas de traballo en cómputo anual será de mil setecentas setenta horas. Non entran no cálculo deste cómputo de horas ningún tipo de descanso (incluso os retribuídos).

Para efectos de xornada máxima semanal, realizarase o cálculo correspondente tomando en consideración o cómuto anual, que non excederá en ningún caso de 40 horas semanais.

Ámbolos contratantes acordan que a xornada pactada, o calendario laboral e horarios vixentes son de aplicación da Lei 4/1983.

Cando o persoal por quendas traballe unha xornada durante a cal non lle corresponda traballar á quenda normal, nos servicios e talleres destes últimos estableceranse, a criterio dos correspondentes responsables, reténs de asistencia segundo as necesidades que eles aprecien.

Ós afectados por estes reténs compensaránselle-las horas traballadas coas do día da semana que elixan, de acordo coas necesidades do servicio.

O período de vacacións será de 30 días (trinta) naturais.

Artigo 16º.-Licencias.

Todo o persoal pertencente ó cadro de persoal da empresa terá dereito a desfrutar tres xornadas anuais de permiso non retribuído, logo de solicitude con cinco días de antelación, sen necesidade de xustificación posterior.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, polo tempo e os motivos que máis abaixo se indican. A remuneración á que aquí se fai referencia consistirá en salario convenio e antigüidade, adicionándose para o persoal horario a prima de producción correspondente ós días ou horas de licencia coincidentes con xornadas laborables.

-Matrimonio: 15 días naturais.

-Nacemento fillo: 3 días laborables que se poderán desfrutar dentro dos quince días seguintes ó do parto. En caso de necesidade de desprazamento, serán 4 días.

-Falecemento:

De pais, titores, fillos ou cónxuxe do traballador: 5 días naturais.

De avós, netos e irmáns do traballador: 3 días naturais.

De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 3 días naturais.

De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 2 días naturais.

Se existe necesidade de desprazamento nestes tres últimos casos, corresponderá un día natural máis.

-De tíos cosanguíneos: 1 día natural.

-Enfermidade grave:

De pais, titores, fillos e cónxuxe do traballador: ata 3 días naturais (valorando circunstancias de cada caso). En caso de necesidade de desprazamento, corresponderá un día máis.

De avós, netos e irmáns do traballador: 2 días naturais.

De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 2 días naturais.

De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 2 días naturais.

Se existe necesidade de desprazamento nestes tres últimos casos, corresponderán dous días naturais máis.

-Matrimonio: de pais, fillos, irmáns e netos: 1 día natural.

-Traslado de domicilio habitual: 1 día laborable.

-Cumprimento de deber público: polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal, con posterior xustificación.

Artigo 17º.-Excedencias.

As excedencias concederanse de acordo co establecido na normativa vixente de aplicación.

A empresa admitirá ó excedente nun prazo máximo de 15 días a partir da data en que expire a excedencia, sempre que o solicitase dentro do prazo regulamentario e que se atope en condicións de aptitude para o seu traballo habitual.

Ó lle ser concedida a excedencia daráselle ó traballador un certificado do servicio médico da empresa no que consten as súas condicións de aptitude ou limitación para o traballo, sempre que el mesmo o solicite.

Se o traballador, transcorrido como mínimo o 75% do tempo de excedencia concedido, solicitase o seu reingreso, admitirase a súa solicitude para a primeira vacante que exista da súa categoría.

O comité de empresa poderá solicitar que se lle dea coñecemento dos rexeitamentos que se producisen ás solicitudes de reingreso dos excedentes.

Título IV. Réxime de retribucións

A) Tempos e rendementos.

Artigo 18º.-Tempos.

Os tempos determinaranse polos procedementos de cronometraxe e valoración empregados ata a data polos

servicios técnicos da empresa, e poderán ser: estimados, provisionais e definitivos. Ó se pór en marcha unha nova operación ou unha modificación de posto e ata que sexa posible realiza-la primeira cronometraxe, aplicaranse os tempos estimados, que serán obtidos por apreciación.

Consideraranse tempos provisionais os obtidos na primeira cronometraxe dun traballo ou modificado, que se producirá inmediatamente que os servicios técnicos consideren dunha garantía mínima a estabilización do método e a práctica do operador.

Consideranse tempos definitivos os asignados a cada traballo na segunda cronometraxe, que se realizará en canto as condicións mecánicas e operatorias se atopen totalmente estabilizadas, e non deberán normalmente producirse despois de seis meses da primeira cronometraxe para os postos individuais, nin de doce meses para as cadeas e traballos colectivos.

Artigo 19º.-Revisión dos tempos.

Os tempos definitivos non poderán ser modificados, agás nos casos seguintes:

a) Por modificación dos medios: máquinas, equipos, ferramentas, etc.

b) Por mellora do proceso operatorio, calquera que sexa a orixe da mellora.

c) Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de análise do posto.

d) Por erros de cálculo comprobables nas gammas e follas de análise.

e) Nos postos considerados como de tempos variables por circunstancias alleas a eles, como retoque de chapa por transporte, recuperación de pezas porosas, etc.

Nestes postos os tempos serán revisados periódica e sistematicamente, sen alcanzaren nunca a consideración de definitivos. Nos casos de discrepancia individual haberá que aterse ó disposto na normativa vixente de aplicación.

Artigo 20º.-Aplicación dos tempos.

A empresa adoptará o sistema de prima individual en tódolos casos en que sexa tecnicamente posible e mentres a organización de traballo non aconselle o contrario.

Cando un operario deba pasar dun posto productivo a outro productivo non parecido, facilitaráselle o que no novo posto consiga o seu Kb habitual mediante as «compensacións de aprendizaxe».

Se traballa a prima individual, a compensación da aprendizaxe consistirá en aboarlle toda a quincena o Kb obtido nos últimos días, sen supera-lo Kb medio obtido nas tres últimas quincenas no posto anterior.

Esta compensación, cunha duración máxima de dúas quincenas, deixará de facerse se o operario non mellora diariamente o seu Kb. Se o cambio se produciu despois dos seis primeiros días da quincena, ou dura

menos de seis días impidindo ó operario chegar a un Kb razoable, pagaráselle toda a quincena o Kb proporcional que resultaría de seguir en toda ela o mesmo progreso observado nos días de aprendizaxe.

Se traballa en grupos colectivos, cobrará o Kb que obteña o grupo, e, para que o dito Kb non baixe con motivo da falta de práctica do novo operario, emitiránselle a este «solicitudes de crédito de aprendizaxe» diarias, en función das horas doutros operarios productivos que haxa que empregar para completa-lo posto do novo operario.

Estas «solicitudes» seranlle aboadas, así mesmo, ó Kb medio que obteña o grupo, ata un máximo de vinte horas para cambio de posto dentro dun mesmo grupo ou cando o operario xa traballase no dito grupo, e, ata un máximo de corenta horas, nos demais casos.

Proporcionarase a todo traballador, se o solicita, o tempo cronometrado individual ou de grupo que se empregue para calcula-la súa prima, e, nas cadeas, o das operacións asignadas ó dito traballador, especificado por operacións.

Artigo 21º.-Rendementos.

Establécese que o rendemento mínimo será o chamado Kb = 0,75, equivalente a 45 minutos hora, para efectos do disposto no Decreto 17 de agosto de 1973, de ordenación do salario, e Orde do 22 de novembro de 1973, así como para os efectos disciplinarios oportunos.

Establécese como rendemento normal ou habitual do traballador, para efectos do preceptuado no artigo 54.2º apartado e) do Estatuto dos traballadores, o que el viñese obtendo en precedentes períodos de tempo. Poderase considerar como período para determina-lo dito rendemento normal, un mínimo de un mes e un máximo de un ano. Cando non exista medio de comparación propio dun posto de traballo, considerarase como rendemento normal o que obtivesen outros traballadores no mesmo posto ou similar.

O período de tempo para determinar que existe continuidade no baixo rendemento a que se refire o dito artigo 54.2º apartado e) do Estatuto dos traballadores, será diferente segundo que se trate dun traballador ou ben afecte a un grupo de traballadores, máxime se como consecuencia diso se derivase escándalo ou producise indisciplina ou incitación a outros traballadores a secundar tal actitude.

No que se refire a traballadores que ocupan postos non cronometrados e unicamente cando se trate dun caso illado, será necesario, para considerar continuidade suficiente no baixo rendemento que este se producise no período de un mes despois de ser apercibido.

Artigo 22º.-Comisión paritaria de tempos.

Para entender sobre as reclamacións individuais nacidas da aplicación do sistema de análise e control de rendementos persoais, existirá unha comisión paritaria de tempos, composta por 4 membros representantes da dirección (dous titulares e dous suplentes) e 4 membros do comité de empresa (dous titulares e dous suplentes).

Os compoñentes da comisión elixirán de entre e les un presidente e un secretario, cuns cargos que deberán recaer en membros de ámbalas representacións.

Tódolos membros titulares da dita comisión disporán de vinte horas retribuídas ó mes para o desempeño das súas funcións.

Reunións da comisión paritaria: haberá dous tipos de reunións, ordinarias e extraordinarias. As ordinarias terán lugar unha vez ó mes dentro da súa primeira quincena. Terán carácter de extraordinarias as convocadas por iniciativa xustificada de calquera das dúas representacións.

Tódalas reunións, tanto ordinarias como extraordinarias, deberán ser convocadas polo presidente e secretario cun prazo de 48 horas de antelación, con indicación de lugar de reunión, día, hora e orde do día.

A comisión paritaria enviará informe de tódalas reunións que celebre ó comité de empresa e á dirección dela.

De solicitalo, a comisión paritaria será informada dos rendementos obtidos por diferentes talleres de fábrica en cada unha das quincenas do ano.

B) Condicións económicas.

Artigo 23º.-Salarios.

O 1 de xaneiro de 1995 os salarios de fábrica experimentarán un aumento do 3,12%, que se aplicará de forma proporcional para tódolos traballadores e sobre tódolos conceptos, tanto salariais como os de axuda social.

a) Retribucións do persoal horario.

Componse de salario convenio, prima de producción (nos casos establecidos) e prima de posto (nos casos establecidos).

O salario convenio reflíctese no anexo I do presente convenio.

b) Retribución do persoal mensual e táboas de retribucións mínimas.

As retribucións do persoal mensual serán incrementadas nun 3,12% sobre as existentes o 31-12-1994.

Coa entrada en vigor do presente convenio colectivo, Labauto Ibérica, S.A., actualizará a táboa existente de retribucións mínimas garantidas para o persoal mensual incrementadas nun 3,12%, quedando coas contías seguintes por categoría:

Táboas mínimas persoal mensual

Categorías:

Subalternos 2.021.778 ptas./ano.

Administrativo Of. 2ª 2.005.339 ptas./ano.

Administrativo Of. 1ª 2.366.955 ptas./ano.

Xefe administrativo 2ª 2.629.950 ptas./ano.

Técnico organización 2ª 2.235.461 ptas./ano.

Técnico organización 1ª 2.465.578 ptas./ano.

Xefe organización 2ª 2.728.573 ptas./ano.

Encargado 2.366.955 ptas./ano.

Contramestre 2.629.950 ptas./ano.

Xefe de taller 2.958.786 ptas./ano.

Enxeñeiro técnico 2.333.064 ptas./ano.

Enxeñeiro superior 3.064.323 ptas./ano.

Diplomado empresariais 2.300.841 ptas./ano.

c) Durante o ano 1995 a retribución de aprendices maiores de 18 anos será de acordo cos seguintes considerandos:

1. Durante os 6 primeiros meses de aprendizaxe aboaráselle a este o 70% do salario que coresponda ó peón ordinario no seu nivel 7 que figura no anexo I do presente convenio.

2. Os 6 meses seguintes aboaráselle o 80%.

3. Os últimos 6 meses aboaráselle o 90%.

4. Unha vez finalizados os tres períodos anteriores o parendiz pasará a ter, como mínimo, a categoría máis baixa das existentes na empresa e percibindo a cantidade que corresponda a cada categoría.

Artigo 24º.-Complemento salarial.

A contía deste complemento salarial, coa mesma validez e categoría que o salario, aplicarase da forma que a seguir se indica:

-Persoal horario: ver táboas.

-Persoal mensual: o valor individual de cada traballador recoñecido o 31-12-1994 incrementarase na mesma evolución có salario.

Artigo 25º.-Complemento de puntualidade e prima de asistencia.

Para tódalas categorías de persoal horario a súa aplicación manterase de acordo cos criterios actuais, sobre as horas ordinarias, pero aumentando o seu valor, para 1995 a 63,92 ptas. brutas/día.

Para o persoal mensual, a prima de asistencia e puntualidade para 1995 será de 1.234 ptas. brutas/mes. As súas normas de aplicación son as mesmas que se utilizan para o persoal horario.

Artigo 26º.-Primas de producción directa.

Os valores de prima de producción directa vixentes o 31-12-1994 increméntanse no 3,12% e elas devengaranse e aplicaranse segundo o establecido no artigo 29 deste convenio colectivo.

O minuto producido terá un valor de 1,8542 ptas. ata 54 minutos/hora (kb, 0,90) e de 1,8924 ptas. para os minutos hora que excedan de 54, ou, o que é o mesmo, aplicaranse as fórmulas seguintes:

-Ata kb 0,90 Prima=264,3283xKb-153,0789 ptas./hora.

-Desde Kb 0,91 Prima=287,2846xKb-173,7395 ptas./hora.

Artigo 27º.-Primas de producción indirecta.

(Tarifa fixa-Mantemento-Afiado)

Os valores de prima de producción indirecta vixentes o 31-12-1994 incrementaranse no 3,12% e elas devengaranse e aplicaranse segundo o establecido no artigo 29 deste convenio colectivo.

Pagaranse de acordo co coeficiente de rendemento obtido e mediante a aplicación da fórmula seguinte:

Prima en ptas./hora= 197,8839xcoeficiente-77,2362 ptas./hora

Artigo 28º.-Primas de cualificación de postos de peóns, especialistas e cableadores.

Devénganse sobre os tempos establecidos no artigo 29 e a partir, como é habitual, do rendemento kb=0,75, cos valores seguintes:

1 0,0693 ptas./minutos producido.

2 0,1204 ptas./minutos producido.

3 0,2419 ptas./minutos producido.

4 0,4652 ptas./minutos producido.

5 0,6554 ptas./minutos producido.

6 0,9117 ptas./minutos producido.

7 1,1340 ptas./minutos producido.

8 1,3893 ptas./minutos producido.

9 1,6451 ptas./minutos producido.

A prima fixa de cualificación de posto establécese en: para regradores especialistas=84,98 ptas./hora.

Artigo 29º.-Aplicación das primas de producción en persoal horario.

Aplicaranse, como é habitual, sobre:

a) Tempos efectivos de traballo, co valor correspondente ó rendemento realizado individual ou colectivamente.

b) Vacacións (30 días) ou a súa proporción.

c) Pagas extraordinarias de xullo e Nadal (25 días) ou a súa proporción.

Así mesmo, aplicaranse sobre as horas de licencias retribuídas conforme o artigo 16º.

Para os apartados b) e c), así como para as licencias retribuídas, aplicaranse os valores medios das primas de producción obtidas nos tres últimos meses traballados.

Artigo 30º.-Primas de postos non cronometrados.

A prima fixa para os postos non cronometrados establécese cos seguintes valores:

Cableadores 17,85 ptas. brutas/hora.

Peóns 17,85 ptas. brutas/hora.

Especialistas 35,72 ptas. brutas/hora.

Especialistas cualificados 35,72 ptas. brutas/hora.

Oficiais de 3ª 57,50 ptas. brutas/hora.

Oficiais de 2ª 65,52 ptas. brutas/hora.

Oficiais de 1ª 71,98 ptas. brutas/hora.

Para o persoal de novo ingreso aplicarase 109,94 ptas. brutas/hora.

Artigo 31º.-Postos tóxicos, penosos e perigosos.

Será aumentada a contía das primas, pasando todo o persoal afectado por este concepto a cobrar 16,50 ptas. brutas/hora.

Artigo 32º.-Complemento por traballo nocturno.

O complemento por traballo nocturno, nos casos aplicables, consistirá no vintecinco por cento do salario base e complemento salarial.

Artigo 33º.-Antigüidade.

O valor da antigüidade para 1995 será o seguinte, por cada trienio que corresponda:

-Persoal horario: 53,62 ptas. brutas/día

-Persoal mensual: 1.596 ptas. brutas/mes.

Para todo o persoal procedente de Citroën, antigüidade anterior ó 1 de setembro de 1989, establécense os seguintes complementos de antigüidade en concepto de absorción dos dereitos adquiridos sobre a utilización do economato:

-Persoal horario: 50 ptas. brutas/día (425 días).

-Pesoal mensual: 1.500 ptas. brutas/mes (14 mensualidades).

Artigo 34º.-Horas extraordinarias.

A fórmula para establece-lo valor base da hora sobre a cal se apliquen os recargos que correspondan continuará sendo a actual, partindo dos valores ano que comprendan as primas e incentivos ó valor de kb=0,75:

Devengo anualx12

Valor base hora=

1760x4

Ó valor resultante incrementaránselle os recargos porcentuais legais que correspondan.

A empresa deberá comunicarlles ós traballadores afectados a necesidade de traballar en horas extraordinarias cunha antelación suficiente, e, cando menos, deberá efectuarse 24 horas antes do día en que deban realizarse, salvo naqueles casos considerados de forza maior ou para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes; neste caso considerarase obrigatoria a prestación.

Se as circunstancias técnicas e productivas así o esixisen, a empresa poderá establece-la realización dun máximo de 80 horas extraordinarias estructurais por traballador e ano. A posible realización deste tipo de horas extraordinarias estructurais será voluntaria e terá carácter xeral.

Artigo 35º.-Gratificacións extraordinarias.

As pagas extraordinarias do mes de xullo e Nadal serán aboadas a razón de 25 días laborables e 5 festivos cada unha delas.

A empresa aboará as pagas extraordinarias do mes de xullo e Nadal, completas, a tódolos traballadores que estivesen en situación de ILT no semestre anterior, tomando como prima base a media dos tres últimos meses traballados.

Artigo 36º.-Complemento das prestacións por incapacidade laboral transitoria.

Para 1995, e con expresa exclusión de prórroga tácita, a empresa complementará as prestacións derivadas da incapacidade laboral transitoria (tanto por enfermidade común como por accidente de traballo), ata o 100% do salario individual (salario convenio, prima de producción e antigüidade) desde o día 15 de cada período de baixa médica oficial, ata o día 21, ámbolos dous inclusive.

O citado complemento manterase mentres permanezan vixentes as actuais bases de cálculo e porcentaxes de pagamento da mencionada prestación.

A empresa reserva para si o dereito de verifica-lo estado de ILT, a través de persoal sanitario propio ou concertado. A negativa ós ditos recoñecementos poderá determina-la exclusión do aboamento do complemento aquí regulado, así como a negativa a segui-los tratamentos prescritos ou a non presentación dos correspondentes partes de baixa ou confirmación.

Título V. Previsión e política social

Artigo 37º.-Formación.

Labauto Ibérica, S.A. potenciará as súas accións de formación destinadas ó conxunto do persoal para o seu perfeccionamento profesional e a súa adaptación permanente ás novas tecnoloxías de producción e ós novos métodos de organización e xestión.

O plan establecido para 1995 prevé a realización aproximada de 21.000 horas, cubrindo as seguintes áreas:

-Automatismos e novas tecnoloxías.

-Organización e métodos.

-Calidade.

-Informática e microinformática.

-Recursos humanos.

-Técnicas específicas de taller.

-Idiomas.

-Formacións específicas e outras.

A asistencia ós diferentes cursos virá determinada pola necesidade de proporcionarlle ó persoal os coñecementos requiridos para un desenvolvemento eficaz das súas funcións e unha correcta adaptación á evolución técnica e organizativa da empresa.

A empresa proporcionará trimestralmente á representación dos traballadores información sobre o grao de cumprimento do plan de formación.

Artigo 38º.-Bolsas de estudio.

A empresa concederá a cantidade de un millón seiscentas cincuenta e cinco mil seiscentas cincuenta e

oito pesetas (ptas. 1.655.658) durante o ano 1995 con motivo de axuda a estudios, as cales se distribuirán linealmente a todo o persoal que se atope de alta nela o 30 de setembro de cada ano e incrementarase no mesmo valor có salario.

Artigo 39º.-Vivendas.

Labauto Iberica, S.A. mantén o fondo de quince millóns setecentas setenta e oito mil trinta pesetas (15.778.030 ptas.) como dotación para préstamos destinados á adquisición, construcción e reparación de vivenda propia, que se utilice ou se vaia utilizar como domicilio familiar, dando preferencia ás vivendas en réxime de cooperativa ou de iniciativa oficial.

As característsicas principais destes préstamos serán as seguintes:

-Importe máximo: 500.000 ptas.

-Prazo de devolución: 5 anos.

-Xuro: 4,5%.

A dirección establecerá as diferentes contías dos préstamos en función da situación familiar e as normas para a súa concesión.

Para a concesión dos préstamos crearase unha comisión paritaria composta por dous membros do comité de empresa e dous representantes da dirección, presidida por un dos representantes da empresa con voto de calidade.

Artigo 40º.-Seguro de viaxes.

A empresa manterá os seguros de accidentes que actualmente ten establecidos para o persoal que, por necesidades do servicio, teña que desprazarse a unha localidade distinta do seu centro de traballo.

Artigo 41º.-Seguro de vida.

A empresa manterá o seguro colectivo de vida que ó seu cargo ten actualmente establecido para todo o persoal do cadro de persoal.

O capital asegurado, para o persoal fixo, será equivalente ó salario anual, entendendo por tal, se é o caso, o salario convenio, prima de producción e antigüidade, tomando como referencia o nivel salarial do 1 de xaneiro de cada ano.

Para o persoal eventual, o capital asegurado durante o ano 1995 ascende a un millón cincocentas noventa e nove mil trescentas sesenta pesetas (1.599.360 ptas./persoa).

Este seguro garante os riscos alternativos seguintes:

-Morte natural: aboamento do capital asegurado.

-Morte por accidente: aboamento de dúas veces o capital asegurado.

-Gran invalidez: aboamento do capital asegurado.

-Incapacidade permanente absoluta: aboamento do capital asegurado.

-Incapacidade permanente total: aboamento do capital asegurado.

A cobertura deste seguro alcanzará á totalidade do cadro de persoal da empresa en situación de activo, entendendo tamén como tal a situación legal de incapacidade laboral transitoria.

Acórdase, así mesmo, que a súa cobertura se estenda ata o máximo previsto no artigo 133.1º d) do Decreto 2065/1974, do 30 de maio, como situación legal de invalidez provisional. Para iso é imprescindible que os afectados, no mes de xaneiro de cada ano, informen e xustifiquen perante a empresa as súas circunstancias. Nestes casos os capitais asegurados manterán o nivel que tiñan no momento de finalización do prazo de incapacidade laboral transitoria.

Artigo 42º.-Mutualidade de previsión social.

A contribución da empresa á mutualidade Labauto de Previsión Social, durante a vixencia do presente convenio colectivo, fíxase en 180 ptas./mes por cada persoa que se atope ó servicio da empresa indistintamente da súa categoría e salario. A cantidade que resulte aboarase mensualmente para cubri-los fins actuais regulamentarios establecidos nos estatutos vixentes o 31 de decembro de 1990 e adaptados ó actual regulamento de entidades de previsión social.

Artigo 43º.-Préstamos persoais.

Concederanse préstamos a tódolos traballadores da empresa que os soliciten:

-Importe máximo: 100.000 ptas./traballador.

A dita cantidade será descontada nas doce pagas seguintes á concesión do préstamo e sen xuro ningún.

No relativo ós traballadores eventuais, poderán acceder a estes préstamos e serán descontadas as cantidades sen xuro ningún e en tantos prazos como meses quedan para a finalización do seu contrato. Cando estes contratos eventuais teñan unha duración de máis de doce meses, acolleranse ás mesmas condicións có persoal fixo.

Estes préstamos persoais non poderán superar no seu conxunto os dez millóns de pesetas.

Artigo 44º.-Residencias de verán.

A empresa fará as xestións oportunas co fin de contratar hoteis ou residencias para que os colaboradores e os seus familiares poidan desfrutalos durante as vacacións.

Artigo 45º.-Financiamento de vehículos.

Establécese para 1995 e perosal fixo de cadro de persoal un sistema de venda de vehículos fabricados por Citroën e comercializados pola súa rede, cunhas condicións xerais que son as seguintes:

Prezo do vehículo: tomando en consideración os descontos fixados para os traballadores de Citroën Hispania, S.A., segundo modelo.

Entrada: mínimo dez por cento do prezo ó traballador.

Financiamento: a un máximo de seis anos (72 pagamentos de igual contía).

Xuro: 8%.

Forma de pagamento: mediante desconto en nómina (12 mensualidades).

Formalización do financiamento: formalizarase en todo caso a través dos departamentos correspondentes da empresa, a entidade financeira e rede comercial do fabricante.

Modalidades de financiamento.

A) Un único crédito, con amortización (principal máis xuros) entre un e seis anos, por elección do traballador, en períodos de anos completos, a razón de doce pagamentos por ano.

B) Igual cá modalidade anterior no relativo ó prazo, pero establecéndose dous créditos:

1. Un, con amortización do seu principal máis xuros, en cada un dos pagamentos do prazo elixido.

2. Outro, equivalente ó valor residual do vehículo segundo baremo, con amortización única do seu principal xunto co último pagamento do prazo elixido e aboamento en cada pagamento dos seus xuros.

Este sistema é aplicable así mesmo a vehículos de ocasión segundo modalidade de financiamento A), pero a un prazo máximo de 4 anos (48 pagamentos).

Artigo 46º.-Vehículos.

Labauto Ibérica, S.A. para 1995 manterá o fondo de sete millóns trescentas corenta e dúas mil duascentas unha pesetas (ptas. 7.342.201) como dotación para préstamos destinados á adquisición de vehículos novos ou usados de fabricación española e comercializados por Citroën.

As características principais destes préstamos serán as seguintes:

-Importe máximo: 500.000 ptas.

-Prazo de devolución: 4 anos.

-Xuro: 9%.

Para a concesión dos ditos préstamos terase en conta a situación familiar do solicitante, a súa antigüidade na empresa; darase preferencia ós traballadores que carezan de vehículo sobre os que o teñan.

Os beneficiarios destes préstamos non poderán acollerse ó sistema de financiamento previsto no artigo 45.

Durante 1995 crearase unha comisión paritaria para a concesión dos préstamos, composta por dous membros representantes do comité e por outros tantos membros representantes da dirección. A comisión estará presidida por un dos representantes da dirección con voto de calidade.

Artigo 47º.-Seguridade e hixiene no traballo.

O comité de seguridade e hixiene no traballo será o encargado de velar polo cumprimento da ordenanza de seguridade e hixiene no traballo e de calquera lexislación nesta materia.

Funcións:

O comité entenderá daqueles problemas referentes á seguridade e hixiene no traballo, como son:

Examina-la frecuencia dos accidentes e enfermidades profesionais, para poder detecta-los postos en

que se producen e as condicións que os crean, así como coñece-las investigacións realizadas polos técnicos da empresa ó respecto.

Investiga-las causas dos accidentes e das enfermidades profesionais producidas na empresa, con obxecto de evitar uns e outros, e nos casos graves e especialmente, efectua-las informacións correspondentes.

Solicitar a través do servicio de seguridade, do persoal directivo, técnico e mandos intermedios da empresa, que prohíban ou paralicen, se é o caso, os traballos en que se advirta perigo inminente de accidentes ou doutros sinistros profesionais cando non sexa posible o emprego dos medios adecuados para evitalos.

O comité de seguridade e hixiene terá dereito a estar asistido dentro da fábrica polos técnicos do gabinete técnico provincial de seguridade e hixiene para o estudio de calquera problema.

Así mesmo, poderá solicitar información sobre procesos, materiais e condicións ambientais relacionados con aqueles postos específicos, cun estudio que necesite realizar.

O comité de seguridade e hixiene, ademais das reunións mensuais ordinarias, poderá realizar reunións extraordinarias nos seguintes casos:

-Por libre iniciativa do seu presidente.

-Por petición fundada de tres ou máis dos seus compoñentes.

En todo caso, as reunións extraordinarias deberán ser convocadas con 48 horas de antelación.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Regulación subsidiaria.

En todo o non previsto no presente convenio e demais normativa de índole xeral, as partes contratantes expresamente conveñen en que se aplicará a título de dereito positivo a normativa vixente en cada caso.

Segunda.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a xurisdicción laboral, no exercicio das atribucións que lle son propias, invalidase algún dos pactos do convenio, quedaría este sen efecto, e deberá ser considerado de novo na súa totalidade, para o que se reunirán as partes contratantes a través das súas respectivas comisións negociadoras.

Terceira.-Formulacións previas.

Como parte das estipulacións do presente convenio colectivo, ámbolos contratantes manifestan a súa intención de informar e discutir previamente en reunión conxunta todas aquelas cuestións de incidencia colectiva e, que, se é o caso, poidan ser susceptibles de formulacións administrativas ou xurisdicionais.

Polas seccións sindicais:

CC.OO.

Seguen sinaturas

CIG.

Seguen sinaturas

Polo comité de empresa:

Pola empresa.

Seguen sinaturas

ANEXO I

Desde a categoría de especialista a oficial 1ª, dado o cambio de actividade, respectaranse as categorías e salarios actuais, que fosen adquiridos con anterioridade polos traballadores, e enténdese este recoñecemento como dereito adquirido.

Salario convenioComplemento

CategoríasPtas./horaPtas./díaPtas./horaPtas./día

Oficial 1ª670,805.366,4016,89135,12

Oficial 1ª eléctrico680,335.442,6417,15137,20

Oficial 2ª647,345.178,7216,38131,04

Oficial 2ª eléctrico656,755.254,0016,63133,04

Oficial 3ª623,244.985,9215,86126,88

Oficial 3ª eléctrico632,785.062,2415,98127,84

Espec. cualificado560,334.482,6414,31114,48

Especialista A550,284.402,2414,06112,48

Especialista B498,073.984,5612,89103,12

Peón ordinario385,673.085,3610,31 82,48

Co fin de evitar interpretacións non conformes co desenvolvemento da actividade da empresa, labor realizado polos seus traballadores, así como calquera outra diverxente existente na actualidade, os actuais peóns pasarán a ocupa-la categoría de nova creación, denominada cableador, cunhas funcións que se definen a seguir, quedando a categoría de peón deserta na actualidade, categoría que no sucesivo será ocupada polos traballadores e para aquelas actividades que sinala a ordenanza de industrias siderometarúrxicas.

* Cableador: empregado que desenvolve os traballos de corte, preparación, montaxe, estanqueidade, sobremoldeado, encintado e, en xeral, as actividades productivas ou non, conexas co traballo de producción de cablerías e traballos e control e embalaxe.

Salario convenioComplemento

CategoríasPtas./horaPtas./díaPtas./horaPtas./día

Cableador386,063.088,4810,3282,56

COMPLEMENTOS VARIOS

Antigüidade

Ptas./horaPtas./día
Persoal horario6,7053,60Ptas./trienio
Persoal mensual1,596 ptas./mes *trienio

Complemento antigüidade economato

Ptas./horaPtas./día

Persoal horario6,2550,00Ptas.*(425 días)

Persoal mensual1,500 ptas./mes

*(14 mensualidades)

Plus asistencia

Ptas./horaPtas./día

Persoal horario7,9963,92

Persoal mensual1,234 ptas./mes

asistencia

Ptas./horaPtas./día

Plus X. de equipo O.S. 83,40667,20

Plus X. de equipo oficial 52,46419,68

Tóxico 16,50

Festividade359,00

Correquendas 14,44

Complemento Prov.548,00

Complemento 3ª quenda fixa

121,00

Complemento horas extras290,00

Nocturnidade: 25% do salario máis complemento

ANEXO IA

-Relación doutros complementos salariais existentes en Labauto Iberica, S.A., aplicables en 1995.

Os complementos máis abaixo relacionados poderán sufrir variación e ser compensados e absorbidos por calquera modificación tecnolóxica, valoración de postos ou evolución da actual estructura salarial, e, en xeral, por calquera outra causa que poida facer varia-las actuais condicións salariais ou de traballo.

-Complemento de descanso en recuperación voluntaria.

É un complemento salarial que se aboa durante os días ou horas de descanso substitutorios dos que, por instruccións da xerarquía e de acordo co servicio de persoal, prolongan a súa xornada de traballo durante días laborables ou non laborables.

A súa contía fíxase en 548 ptas./hora.

-Complemento de xornada ordinaria de traballo en sábados non laborables, domingos e festivos.

É o complemento salarial de carácter funcional e non consolidable que se aboa a tódolos traballadores que realizan a súa xornada ordinaria de traballo en sábados non laborables segundo o calendario laboral xeral, domingo ou día festivo. Enténdese como xornada ordinaria aquela que se realiza a teor do réxime normal de traballo establecido no taller ou servicio do traballador.

A súa contía fíxase en 359 ptas./hora.

No caso de que este complemento se devengue durante a realización de horas extraordinarias, o seu valor fíxase en 290 ptas./hora.

-Complemento de quenda fixa de noite.

É un complemento salarial de carácter funcional e de natureza non consolidable que se aboa ós traballadores que voluntariamente acepten o réxime de traballo en quenda fixa de noite, polo menos por un período mínimo de seis meses. Quedan excluídos da percepción do complemento aqueles traballadores

contratados expresamente para prestaren a súa actividade na dita quenda con exclusividade.

A súa contía fíxase en 121 ptas./hora.

Complemento de xornada rotativa de mañá, tarde e noite.

É un complemento salarial de carácter funcional e de natureza non consolidable que se devenga polo réxime de traballo en quendas rotativas de mañá, tarde e noite de forma permanente e exclusiva.

A súa contía fíxase en 14,44 ptas./hora.

A contía indicada deste complemento, co mesmo carácter funcional e non consolidable, devengarao excepcionalmente durante 1994 o persoal do servicio de mantemento e vixilancia cando por aplicación de calendarios especiais se vexa obrigado a prestar servicios en sábados non laborables, domingos e festivos, polo menos unha vez ó mes, e, en consecuencia, a desfrutar do correspondente descanso durante día ou días laborables da semana. O devengo afectará exclusivamente ó mes en que se produza tal circunstancia.

ANEXO III

O comité e a empresa coinciden en que é un obxectivo prioritario a consolidación da empresa no sector de cablerías do automóbil polo que, como consecuencia do asinamento deste convenio garántese o mantemento do emprego do persoal fixo actual como mínimo, ó mesmo tempo que o dos eventuais precisos para o desenvolvemento normal da actividade ata, polo menos, o ano 1998, inclusive.

Con este motivo a empresa comprométese a realiza-los investimentos necesarios que crea convenientes, co obxecto de forma-lo persoal e compra-los útiles e/ou maquinaria que permitan fortalece-la posición competitiva da empresa dentro do sector.

Crearase unha comisión para identificar aqueles aspectos susceptibles de mellora, co fin de alcanzar un clima de confianza, diálogo e colaboración mutua que permita emendar tódolos problemas que afecten negativamente a productividade e competitividade da empresa.

Esta comisión estará formada por representantes da dirección e membros do comité asinantes deste convenio.

ANEXO IV

A empresa comprométese a:

a) Información sobre baixas no cadro de persoal: trimestalmente informarase ó comité de empresa sobre as baixas de persoal, fixo ou temporal, que se produzan, así como as súas causas (finalización do contrato, voluntarias, despedimentos, etc.).

b) Información sobre previsión e modalidades de contratación: trimestralmente a empresa informará ó comité de empresa sobre a evolución previsible da contratación, en máis ou menos, en función do nivel de producción previsto, evolución do mercado, etc.

Así mesmo, e respecto ás contratacións en prácticas e para a formación, a empresa informará sobre as perspectivas de traballo estable, sen prexuízo da evolución da situación xeral e específica da empresa, adaptación do traballador ó posto, nivel profesional adecuado, etc.

c) Destino dos recursos, investimentos productivos e xeradores de emprego: informarase ó comité de empresa sobre o destino dos recursos que se investirán en finalidades de carácter productivo, explicando as grandes liñas que informan os plans de investimento e valorando en que medida xeran emprego ou aseguran o actual nivel.

d) Información ó comité de seguridade e hixiene sobre organización e métodos de traballo en novas tecnoloxías: o comité de seguridade e hixiene será informado sobre a organización técnica de novas instalacións e, en xeral, das circunstancias concorrentes no medio humano dos postos de traballo das ditas instalacións, así como sobre a súa vertente ergonómica.

e) Adaptación da muller xestante en posto adecuado: en función do informe que o servicio médico emita, procederase ó cambio de posto de traballo, ou adaptación do que teña, da traballadora, evitando ambientes, posturas ou quendas que prexudiquen a xestación.

f) Información previa ó comité de empresa sobre a definición dos plans de formación: anualmente, a empresa exporá ó comité de empresa as liñas definitorias da súa política respecto da formación, así como a definición concreta de tal filosofía a través dos plans anuais, subvencionados ou non.

Trimestralmente informarase sobre o nivel de cumprimento dos plans previstos.

g) Promoción profesional en función da formación recibida: á hora de estudiar unha promoción ou categoría ou posto superior, teranse en conta como factores importantes, as áreas de formación profesional recibidas, actitude ante a formación continuada, potencial cultural que facilite o desempeño do novo posto de traballo, etc.

4929