Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 10 de xullo de 1995 Páx. 5.505

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de outubro de 1993 pola que se fixan as porcentaxes de gastos xerais de empresa e beneficio industrial que rexerán nas obras que deba aproba-la Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Publicada a dita orde no DOG Nº 223, do 10 de novembro de 1993, cómpre face-la seguinte rectificación:

No artigo único, punto 1, apartado a), onde di: «O 17%, en concepto de gastos xerais da empresa, gastos financeiros, cargas fiscais (IVE incluído), taxas de

Administración legalmente establecidas, que decidan sobre o custo das obras e demais derivados das obrigacións do contrato», debe dicir: «O 17%, en concepto de gastos xerais da empresa, gastos financeiros, cargas fiscais (IVE excluído), taxas da Administración legalmente establecidas, que decidan sobre o custo das obras e demais derivados das obrigacións do contrato».

9503751