Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 10 de xullo de 1995 Páx. 5.505

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza o establecemento da liña eléctrica aérea a 132 kV derivación a Foz da liña Arbón-Mondoñedo, se declara a súa utilidade pública e se aproba o seu proxecto de execución. (Expediente número 4260 A.T.).

Vistos o escrito e a documentación presentados perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo pola empresa Electra del Viesgo, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na rúa Medio, nº 12 de Santander (Cantabria), polo que solicita a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto da liña eléctrica aérea a 132 kV, con orixe na liña eléctrica Arbón-Mondoñedo e remate na subestación de Foz, percorrendo terreos dos concellos de Barreiros e Foz, da provincia de Lugo.

Resultando que a anterior petición se someteu a información pública, tal e como prevé o artigo 9 do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e o 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, aplicables a este expediente en virtude do que establece a alínea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, do 15-2-1995, que se publicou no DOG do 9-3-1995, no BOP de Lugo do 1-3-1995, no BOE do 1-3-1995 e no xornal El Progreso de Lugo do 24-2-1995, non presentándose no prazo legalmente establecido para iso reclamación nin oposición ningunha.

Resultando que o anteproxecto da liña eléctrica aérea queda definido basicamente polas seguintes características:

Liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, de 10.165 m de lonxitude en conductor de aluminio con alma de aceiro tipo LA-110 de 116,2 mm de sección, sobre apoios metálicos de aceiro galvanizado e cadeas de amarre e suspensión con illadores tipo Esperanza E70/127.

Resultando que Electra del Viesgo, S.A. acepta os condicionados establecidos pola Confederación Hidrográfica do Norte de España, e polo Deputación Provincial de Lugo, no que afecta ós cruzamentos do percorrido da citada liña eléctrica.

Considerando que a Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver esta expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, en relación cos decretos 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento de

execución da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en amteria de instalacións eléctricas.

Considerando que o proxecto conta con informe técnico favorable emitido polo facultativo competente da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo e foi proposta a súa aprobación polo delegado provincial, cumpre as normativas técnicas vixentes en materia de tendidos de liñas eléctricas, así como o preceptuado no Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión (Decreto 3151/1968, do 28 de novembro; BOE do 27-12-1968).

Considerando que se cumpriu a tramitacion regulamentaria disposta na normativa antes mencionada e que coa construcción e posta en funcionamento desta liña eléctrica aérea a 132 kV, atendendo ás previsións do plan MEGA, se consegue un mellor servicio eléctrico nos sectores de influencia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

a) Autorizarlle á empresa Electra del Viesgo, S.A. a instalación da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica denominada L.A.T. a 132 kV, dereivación a Foz da liña Arbón-Mondoñedo, afectando os termos municipais de Barreiros e Foz, da provincia de Lugo.

b) Declarar a utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e o seu regulamento de execución, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro.

c) Aproba-lo proxecto de execución da devandita liña eléctrica.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo de un mes contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

95-03932