Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 10 de xullo de 1995 Páx. 5.476

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 23 de xuño de 1995 sobre normativa que se debe seguir para a confección dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1996.

Con obxecto de dar cumprimento ó artigo 53 do Estatuto de autonomía de Galicia, e 52 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e demais artigos concordantes, díctanse as seguintes normas complementarias para a elaboración dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996:

1ª.-Principios orzamentarios nos que se encadra a elaboración dos orzamentos para 1996.

Os orzamentos xerais para 1996 enmárcanse nos escenarios de evolución económica-financeira da Comunidade Autónoma previstos para o período 1994-1997, que na súa vertente orzamentaria se caracterizan pola observación dos seguintes principios:

A) Axuste dos gastos de natureza corrente, de forma que poida acadarse un aforro orzamentario axeitado unha vez garantidas as dotacións necesarias para o funcionamento dos servicios públicos encomendados.

B) Aprobación selectiva dos investimentos, coa finalidade de obte-la maior rendibilidade económico-social nun período no que inevitablemente deberá utilizarse de forma decrecente o recurso ó endebedamento.

Na elaboración dos orzamentos para 1996, será prioritaria a consecución dos anteriores obxectivos, combinándose estes coas prioridades establecidas no Plan Económico e Social.

Para tal efecto, as previsións que se formulen deberán axustarse ás directrices e criterios establecidos polo Consello da Xunta de Galicia para o desenvolvemento da súa política económica en materia de programación financeira e orzamentaria.

2ª.-Ámbito de aplicación.

As normas desta orde, nos termos que en cada caso se establecen, serán aplicables:

a) Á Administración xeral da Comunidade Autónoma (órganos estatutarios da Comunidade Autónoma e consellerías).

b) Ós organismos autónomos de carácter administrativo.

c) Ós organismos autónomos de carácter comercial, industrial, financeiro ou análogo.

d) Ás sociedades públicas da comunidade.

e) Ós demais entes do sector público autonómico non recollidos nos apartados anteriores, que deban incluí-los seus orzamentos nos xerais da Comunidade

Autónoma, a teor do previsto no artigo 53.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, e 12 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

3ª.-Estructura dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

3.1. Estructura xeral do orzamento de ingresos.

O orzamento de ingresos estructurase por unidades orgánicas e por categorías económicas.

3.1.1. Estructura orgánica.

O orzamento de ingresos estructúrase organicamente por centros xestores, naqueles casos que o teñan independente, clasificados en función dos subsectores que se indican a continuación:

a) Administración xeral da Comunidade Autónoma.

b) Organismos autónomos administrativos, agrupados segundo a consellería á que pertenzan.

c) Organismos autónomos de carácter comercial, industrial, financeiro ou análogo agrupados segundo a Consellería á que estean adscritos.

d) Sociedades públicas galegas.

e) Demais entes públicos.

A Dirección Xeral de Orzamentos poderá establece-las desagregacións que se consideren adecuadas para o desenvolvemento do capítulo III de ingresos da Administración xeral de acordo cunha clasificación orgánica.

3.1.2. Estructura económica.

Os recursos incluídos nos estados de ingresos do orzamento ordenaranse segundo a súa natureza económica, de acordo coa clasificación por capítulos, artigos, conceptos e subconceptos que se xunta como anexo III desta orde.

3.2. Estructura do orzamento de gastos.

Os créditos incluídos nos estados de gastos do orzamento clasificaranse conforme os seguintes criterios:

A) Clasificación por funcións e programas.

A estructura por programas configurarase considerando as metas e obxectivos que se pretenden conseguir. Os ditos programas, sen prexuízo da súa presentación separada por grandes centros xestores, agregaranse en subfuncións, funcións e grupos de función de acordo coa clasificación a que se refire o anexo I.

A Dirección Xeral de Orzamentos poderá autorizar, segundo a importancia da actividade, por proposta de cada centro, a creación de subprogramas, para adecua-lo contido dalgúns programas.

En todo caso, estes subprogramas terán carácter de estructura non tipificada con fins puramente informativos e de xestión.

B) Estructura orgánica.

As dotacións consignadas nos programas de gasto distribuiranse por centros xestores, que son aquelas

unidades con diferenciación orzamentaria que participan na súa xestión.

A clasificación orgánica dos créditos e dotacións realizarase co detalle que se indica no anexo IV en función dos subsectores que se indican a continuación:

a) Administración xeral da Comunidade Autónoma, que se dividirá en seccións e estas, pola súa vez, en servicios.

b) Organismos autónomos de carácter administrativo, que se agruparán segundo a consellería á que pertenzan.

c) Organismos autónomos de carácter comercial, industrial, financeiro ou análogo, que se agruparán segundo a consellería á que estean adscritos.

d) Entes públicos dos que o orzamento se adapte á estructura dos organismos autónomos.

e) Separadamente configuraranse os orzamentos de explotación e capital correspondentes a:

-Sociedades públicas galegas

-Os demais entes públicos

C) Estructura económica.

Os créditos ordenaranse segundo a súa natureza económica conforme a clasificación que, por capítulos, artigos, conceptos e subconceptos se detallan no anexo II.

Non obstante o anterior, os xestores poderán propoñe-los subconceptos que consideren oportunos, para os capítulos IV, VI, VII e VIII.

Os capítulos I, II, III e IX, deberán presenta-la desagregación que se indica no anexo II sen prexuízo de que posteriormente e para efectos contables e de xestión se creen as partidas que se consideren convenientes, neste caso a totalidade do crédito que figure no concepto ou subconcepto afectado deberá distribuirse nas ditas partidas.

D) Clasificación territorial.

De acordo co disposto no artigo 51.5º.e) da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, as dotacións de gastos de investimento distribuiranse territorialmente, mediante os documentos que para tal efecto se describen na norma 4ª desta orde.

3.3. Estructuras específicas.

3.3.1. Dos organismos autónomos.

A estructura dos orzamentos dos organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros ou análogos configurarase na forma establecida con carácter xeral e incluíndo adicionalmente a seguinte documentación de acordo co establecido no artigo 82 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia:

a) Conta de operacións comerciais.

b) Conta de explotación.

c) Estado demostrativo da variación do fondo de manobra.

d) Cadro de financiamento.

3.3.2. Das sociedades públicas galegas.

Os orzamentos de explotación e capital das sociedades públicas galegas axustaranse á estructura xa establecida, conforme o apartado 4.2 desta orde.

O orzamento das sociedades que teñen ó seu cargo a xestión do servicio público de radiodifusión e televisión de Galicia adaptarán a súa estructura á establecida para as sociedades públicas galegas sen prexuízo da necesaria adecuación ás súas propias peculiaridades e organización dos seus servicios.

3.3.3. Outros entes públicos.

Os entes do sector público autonómico que deban adapta-lo seu orzamento á estructura dos organismos autónomos rexeranse polo disposto no apartado 3.3.1.

Os demais entes do sector público galego que deban adapta-la súa estructura orzamentaria á das sociedades públicas rexeranse polo disposto no apartado 3.3.2.

4ª.-Proceso de elaboración dos orzamentos.

4.1. Orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma, organismos autónomos e entes públicos que deban adapta-lo seu orzamento á estructura dos organismos autónomos.

a) A Dirección Xeral de Orzamentos, levará a cabo as tarefas de análise, determinación, nos casos que corresponda, e agregación dos datos necesarios para a elaboración do anteproxecto de ingresos.

Para tal efecto, coa desagregación indicada no anexo III para a estructura económica dos ingresos, e sen prexuízo da clasificación orgánica do capítulo III que puidera establecerse causante o sinalado na norma 3.1.1, a Dirección Xeral de Tributos facilitará a información relativa ós capítulos I, II e III, así como a cuantificación dos beneficios fiscais. A Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda proporcionará os datos correspondentes ós capítulos V, VI, e VIII, agás os referentes ós xuros de depósitos, do capítulo V, que serán facilitados pola Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro, e a Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións coa Unión Europea aportará os relativos a ingresos procedentes dos Fondos Europeos e Fondo de Compensación Interterritorial.

Con independencia do anterior, as consellerías e os organismos autónomos, remitiranlle á Dirección Xeral de Orzamentos relación das subvencións e axudas correntes e de capital, procedentes doutras administracións ou entidades públicas, ou da Unión Europea.

Polo que se refire ós ingresos por transferencias finalistas non incluídas en programas operativos ou marcos de apoio comunitario previamente aprobados a través da Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións coa Unión Europea, que darán lugar á inclusión de créditos da mesma natureza no orzamento de gastos, as consellerías e organismos

autónomos que os xestionen remitirán igualmente a documentación que acredite a previsión do dereito da Comunidade Autónoma a percibi-la subvención ou axuda, sen a que non poderá orzarse o ingreso nin, consecuentemente, o gasto correlativo.

b) Os anteproxectos do estado de gastos para 1996 dos órganos estatutarios da Comunidade Autónoma, das consellerías e organismos autónomos a elas adscritos elaboraranse conforme os obxectivos fixados nos escenarios orzamentarios e demais directrices aprobadas pola Xunta de Galicia. Remitiranse á Consellería de Economía e Facenda debidamente documentados e axustados ás leis que sexan de aplicación.

A Dirección Xeral de Orzamentos examinará en coordinación coas secretarias xerais, e se é o caso, cos órganos responsables dos programas de gasto de cada consellería, a documentación orzamentaria recibida, para efectos de axusta-los créditos ó establecido nesta orde e á restante normativa aplicable.

En ningún caso, os gastos vinculados a ingresos específicos poderán supera-las cifras que previamente queden determinadas no apartado 4.1.a).

4.2. Sociedades públicas autonómicas e demais entes públicos.

De acordo co previsto na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, as sociedades públicas estarán obrigadas a presentar na Consellería de Economía e Facenda, a través da consellería da que dependan, o programa de actuación, investimento e financiamento acompañado dunha memoria explicativa do seu contido e das modificacións introducidas na programación plurianual, en relación coa que se encontre en vigor.

O referido programa de actuación, investimento e financiamento, terá como mínimo o seguinte contido:

a) Un estado no que se recollan os investimentos reais e financeiros que se prevexan dentro dun marco plurianual.

b) Un estado no que, para o mesmo período, se conteñan as súas fontes de financiamento, con especificación das achegas de calquera clase que se prevexa recibir da Comunidade Autónoma ou dos seus organismos autónomos.

c) Unha exposición dos obxectivos que se pretendan alcanzar no dito período plurianual e das características básicas da actividade económica.

d) Unha memoria da avaliación económica dos investimentos programados durante o período.

As ditas sociedades elaborarán, ademais, anualmente un programa de explotación que detallará o contido da súa conta de explotación e un orzamento de capital nos que se especifiquen as orixes e aplicación dos seus fondos.

4.3. Documentos para a elaboración dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

Os documentos xa axustados ó previsto na norma 4ª e 5ª, que constitúen os anteproxectos de orzamentos descritos nesta norma remitiranse á Consellería de Economía e Facenda no soporte informático que se facilitará para o efecto; os organismos autónomos de carácter comercial, industrial, financeiro ou análogo, deberán remitir ademais as fichas que se sinalan no anexo V.

Así mesmo, as sociedades públicas galegas e demais entes remitirán, a través da consellería de que dependan, os estados ós que se fai referencia no anexo VI.

Tendo en conta os estados de ingresos e gastos mencionados e o marco macroeconómico no que se conteña a previsible actividade económica durante o ano 1996, a Consellería de Economía e Facenda formulará o anteproxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma e someterao a acordo da Xunta de Galicia.

5ª.-Desenvolvemento destas normas.

Autorízase a Dirección Xeral de orzamentos para desenvolver e aclarar estas normas, especialmente as relativas á definición, normalización e contido da clasificación económica e funcional, así como para adecua-los documentos que se indican na norma 4ª desta orde, creando ou substituíndo os que se consideren precisos en función das necesidades resultantes do proceso de elaboración dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, para o que poderá dicta-las instruccións ou aclaracións que sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1995.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO II

ORZAMENTO DE GASTOS

Código da clasificación económica dos gastos públicos comprendidos nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia e os seus organismos autónomos.

A desagregación da clasificación económica, en conceptos e subconceptos, ten carácter informativo para aqueles casos nos que a vinculación se estableza a nivel máis agregado.

Os centros xestores presentarán o detalle dos créditos en función da información dispoñible, debendo descender a nivel de subconcepto naqueles conceptos que así se detallan nesta orde.

A) OPERACIÓNS CORRENTES

O orzamento de gastos clasifica nos Capítulos I a V os gastos por operacións correntes, separando os gastos de funcionamento dos servicios (persoal e gastos en bens correntes e servicios), dos xuros, transferencias correntes, e os excedentes e fondos de amortización.

Capítulo I

Gastos de persoal

1 Gastos de persoal.

10 Altos cargos e delegados.

100 Retribucións básicas e outras remuneracións de altos cargos e delegados.

00 Retribucións básicas.

01 Outras remuneracións.

11 Persoal eventual de Gabinete.

110 Retribucións básicas e outras remuneracións do persoal eventual de Gabinete.

12 Funcionarios.

120 Retribucións básicas.

00 Soldos grupo A.

01 Soldos grupo B.

02 Soldos grupo C.

03 Soldos grupo D.

04 Soldos grupo E.

05 Trienios.

06 Outras retribucións básicas.

121 Retribucións complementarias.

00 Complemento de destino.

01 Complemento específico.

02 Outros complementos.

13 Laborais.

130 Laboral fixo.

00 Retribucións básicas.

01 Outras remuneracións.

131 Laboral eventual.

14 Outro persoal.

140 Outro persoal.

15 Incentivos ó rendemento.

150 Productividade.

151 Gratificacións.

16 Cotas, prestacións e gastos sociais a cargo do empregador.

160 Cotas sociais.

00 Seguridade Social.

01 MUFACE

02 ISFAS

03 MUNPAL

09 Outras.

161 Complemento familiar.

162 Gastos sociais de persoal.

00 Formación e perfeccionamento do persoal.

01 Economatos e comedores.

02 Transporte do persoal.

03 Bonificacións.

04 Acción social.

05 Seguros.

09 Outros.

Capítulo II

Gastos en bens correntes e servicios

2 Gastos en bens correntes e servicios.

20 Arrendamentos.

200 Terreos e bens naturais.

202 Edificios e outras construccións.

203 Maquinaria, instalacións e utensilios.

204 Material de transporte.

205 Mobiliario e utensilios.

206 Equipos para procesos de información.

209 Outro inmobilizado material.

21 Reparacións, mantemento e conservación.

210 Infraestructura e bens naturais.

212 Edificios e outras construccións.

213 Maquinaria, instalacións e utensilios.

214 Material de transporte.

215 Mobiliario e utensilios.

216 Equipos para procesos de información.

219 Outro inmobilizado material.

22 Material, subministracións e outros.

220 Material de oficina.

00 Ordinario non inventariable.

01 Prensa, revistas, libros e outras publicacións.

02 Material informático non inventariable.

03 DOG.

04 BOPG e DOPG.

221 Subministracións.

00 Enerxía eléctrica.

01 Auga.

02 Gas.

03 Combustibles.

04 Vestiarios.

05 Productos alimenticios.

06 Productos farmacéuticos.

07 Comedores escolares.

09 Outras.

10 Irmandade de doadores de sangue.

11 Extracción de sangue.

12 Hemoderivados.

13 Instrumental e pequenos utensilios sanitarios.

14 Instrumental e pequenos utensilios non sanitarios.

15 Implantes.

16 Outro material sanitario.

17 Material non sanitario para consumo e reposición.

222 Comunicacións.

00 Telefónicas.

01 Postais.

02 Telegráficas.

03 Télex e telefax.

04 Informáticas.

09 Outras.

223 Transportes.

08 Transporte escolar.

224 Primas de seguros.

225 Tributos.

226 Gastos diversos.

00 Canons.

01 Atencións protocolarias e representativas.

02 Publicidade e propaganda.

03 Xurídicos, contenciosos.

04 Quebranto de avais.

05 Premios de cobranza.

06 Reunións e conferencias.

07 Actuacións derivadas da Lei de galeguidade.

08 Cobertura informativa.

09 Outros.

10 Actividades deportivas.

11 Consello Escolar de Galicia.

12 Funcionamento, apoio e coordinación do sistema universitario de Galicia.

13 Gastos de funcionamento de tribunais de oposicións e de probas selectivas.

14 Dotación equipos lingua galega.

15 Programa lingua.

16 Consello Galego de Estatística.

17 Cursos de formaCIÓN.

227 Traballos realizados por outras empresas.

00 Limpeza e aseo.

01 Seguridade.

02 Valoracións e peritaxes.

03 Postais.

04 Custodia, depósito e almacenaxe.

05 Procesos electorais.

06 Estudios e traballos técnicos.

07 Remuneracións a axentes mediadores independentes.

09 Outros.

10 Servicios contratados de comedor.

11 Axudas e bolsas de investigación e estudio.

228 Gastos de funcionamento de centros e servicios sociais.

229 Gastos de funcionamento dos centros docentes non universitarios.

23 Indemnizacións por razón do servicio.

230 Axudas de custo.

231 Locomoción.

232 Traslados.

233 Outras indemnizacións.

24 Servicios novos.

240 Servicios novos.

25 Asistencia sanitaria con medios alleos.

251 Concertos con institucións abertas.

252 Concertos con institucións pechadas.

253 Concertos por programas especiais de hemodiálise.

254 Concertos con centros de diagnóstico e tratamento.

255 Concertos polo programa especial de transporte.

258 Outros servicios de asistencia sanitaria.

26 Servicios sociais concertados.

260 área de menores.

261 área de minusválidos.

262 área da terceira idade.

23 Outros.

27 Publicacións.

270 Edicións e distribucións.

Capítulo III

Gastos financeiros

3 Gastos financeiros.

30 Débeda pública e préstamos.

300 Xuros de débeda pública e préstamos.

31 Gastos de emisión, formalización, modificación e cancelación de débeda pública e préstamos.

310 Gastos de emisión, modificación e cance lación.

34 De depósitos, fianzas e outros.

340 Xuros de depósitos.

341 Xuros de fianzas.

342 Xuros de demora.

349 Outros gastos financeiros.

Capítulo IV

Transferencias correntes

4 Transferencias correntes.

40 Á Administración do Estado.

41 A organismos autónomos administrativos da Comunidade Autónoma.

42 Á Seguridade Social.

43 A organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros ou análogos da Comunidade Autónoma.

44 A empresas públicas e outros entes públicos.

45 A comunidades autónomas.

46 A corporacións locais.

47 A empresas privadas.

48 A familias e institucións sen fins de lucro.

49 Ó exterior.

O Capítulo IV desenvolverase no nivel do primeiro díxito do subconcepto, quedando o segundo para a identificación das fontes de financiamento.

Capítulo V

Excedente corrente e fondo de amortización

5 Excedente corrente e fondo de amortización.

52 Amortización de edificios e outras construccións.

520 Amortización de edificios e outras construccións.

53 Amortización de maquinaria, instalacións e utensilios.

530 Amortización de maquinaria, instalacións e utensilios.

54 Amortización de material de transporte.

540 Amortización de material de transporte.

55 Amortización de mobiliario e utensilios.

550 Amortización de mobiliario e utensilios.

56 Amortización de equipos para procesos

informáticos.

560 Amortización de equipos para procesos informáticos.

57 Amortización doutros inmobilizados.

570 Amortización doutros inmobilizados.

Capítulo VI

Investimentos reais

6 Investimentos reais.

60 Investimento novo en infraestructura e bens destinados ó uso xeral.

600 Infraestructuras de mellora da accesibilidade (estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos e transportes).

601 Infraestructuras de saneamento, protección e mellora do medio ambiente (obras hidráulicas e medio ambiente).

602 Infraestructuras de subministración de enerxía (minería, electricidade, gas).

603 Infraestructuras para o desenvolvemento das tecnoloxías da información e as telecomunicacións.

604 Infraestructuras básicas de apoio ó desenvolvemento do sector primario (infraestructuras agrícolas, pesqueiras e forestais).

605 Infraestructuras e equipamentos de apoio ó desenvolvemento empresarial (solo industrial, I+D, novas tecnoloxías).

606 Infraestructuras e equipamentos de apoio ó desenvolvemento do turismo e os servicios (turismo, comercio).

607 Infraestructuras e equipamentos sociais en materia de vivenda e urbanismo.

608 Outros investimentos.

609 Investimentos en proxectos vinculantes.

61 Investimento de reposición en infraestructura e destinados ó uso xeral.

-Mesmo desenvolvemento, no nivel de concepto, que o artigo 60.

62 Investimento novo asociado ó funcionamento operativo dos servicios.

620 Investimento en terreos e bens naturais.

621 Infraestructura e equipamentos sociais en materia de educación, sanidade e asistencia social.

622 Edificios e outras construccións.

623 Maquinaria, instalacións e utensilios.

624 Material de transporte.

625 Mobiliario e utensilios.

626 Equipos para procesos de información.

628 Outro inmobilizado material.

629 Investimentos en proxectos vinculantes.

63 Investimento de reposición asociado ó funcio

namento operativo dos servicios.

630 Investimento en terreos e bens naturais.

631 Equipamento centros sanitarios (plans de necesidades).

-O resto do artigo 63 ten o mesmo desenvolvemento có 62.

64 Gastos en investimentos de carácter inmaterial.

640 Gastos en investimentos de carácter inmaterial.

Capítulo VII

Transferencias de capital

7 Transferencias de capital.

70 Á Administración do Estado.

71 A organismos autónomos administrativos da Comunidade Autónoma.

72 Á Seguridade Social.

73 A organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros ou análogos da Comunidade Autó-

noma.

74 A empresas públicas e outros entes públicos.

75 A comunidades autónomas.

76 A corporacións locais.

77 A empresas privadas.

78 A familias e institucións sen fins de lucro.

79 Ó exterior.

O Capítulo VII desenvolverase a nivel do primeiro díxito do subconcepto, quedando o segundo díxito deste para a identificación das fontes de financiación.

Capítulo VIII

Activos financeiros

8 Activos financeiros.

80 Adquisción de débeda do sector público.

800 A curto prazo.

-Desenvolvemento por sectores.

801 A longo prazo.

-Desenvolvemento por sectores.

81 Adquisición de obrigas e bonos fóra do sector público.

810 A curto prazo.

-Desenvolvemento por sectores.

811 A longo prazo.

-Desenvolvemento por sectores.

82 Concesión de préstamos ó sector público.

820 Préstamos a curto prazo.

-Desenvolvemento por sectores.

821 Préstamos a longo prazo.

-Desenvolvemento por sectores.

83 Concesión de préstamos fóra do sector público.

830 Préstamos a curto prazo.

831 Préstamos a longo prazo

-Desenvolvemento por sectores.

84 Constitución de depósitos e fianzas.

840 Depósitos.

00 A curto prazo.

01 A longo prazo.

841 Fianzas.

00 A curto prazo.

01 A longo prazo.

85 Adquisición de accións dentro do sector público -Desenvolvemento por sectores.

86 Adquisición de accións fóra do sector público.

860 De empresas españolas.

861 De empresas estranxeiras.

87 Aportación ó capital de fundacións.

870 Aportación ó capital de fundacións.

Capítulo IX

Pasivos financeiros

9 Pasivos financeiros.

94 Devolución de depósitos e fianzas.

940 Devolución de depósitos.

941 Devolución de fianzas.

95 Amortización de débeda pú blica e préstamos.

950 Amortización de débeda pública e préstamos.

96 Outras operacións financeiras.

960 Conversión, negociación, transformación ou substitución de operacións de endebedamento.

ANEXO III

ORZAMENTO DE INGRESOS

Código da clasificación económica dos ingresos públicos comprendidos nos orzamentos da Comunidade Autónoma e os organismos autónomos.

Os recursos que se prevexa liquidar, segundo a súa natureza económica, clasificaranse por capítulos, artigos, conceptos e subconceptos, tal como se detalla no seguinte sistema de codificación.

Esta estructura de clasificación inicial por artigos, conceptos e subconceptos considérase aberta, polo que poderán propoñerse os novos elementos que se consideren necesarios en calidade de atípicos, cando non figuren incluídos na codificación inicial.

A clasificación económica, co detalle antes definido, terá carácter informativo para efectos de lograr unha adecuada identificación dos dereitos económicos da facenda pública no momento do seu rexistro contable.

Para efectos do seu orzamento, a desagregación das previsións nos distintos niveis da clasificación por categorías económicas, será elaborada polos distintos centros xestores dos ingresos en función da información dispoñible por estes.

Capítulo I

Impostos directos e cotizacions sociais

1 Impostos directos.

11 Sobre o capital.

110 Imposto xeral sobre sucesión e doazóns.

111 Imposto sobre o patrimonio das persoas físicas.

Capítulo II

Impostos indirectos

2 Impostos indirectos.

20 Sobre transmisións patrimoniais onerosas e actos xurídicos documentados.

200 Sobre transmisións intervivos.

201 Sobre actos xurídicos documentados.

21 Tributos propios da Comunidade Autónoma.

210 Tributación autonómica sobre o xogo.

29 Impostos extinguidos.

290 Imposto sobre o luxo.

Capítulo III

Taxas, prezos e outros ingresos

3 Taxas, prezos e outros ingresos.

30 Taxas.

301 Taxas por servicios administrativos.

01 Modalidade de autorización.

02 Modalidade de rexistro.

03 Modalidade de certificación.

302 Taxas por servicios profesionais.

01 Modalidade administrativo-facultativa.

02 Modalidade actuacións profesionais.

303 Taxa por venda de bens.

31 Prezos.

311 Prezos públicos.

00 DOG.

01 Outros prezos públicos.

312 Prezos privados.

32 Outras taxas.

320 Taxas sobre o xogo.

38 Reintegros.

380 De exercicios pechados.

381 De orzamento corrente.

39 Outro s ingresos.

391 Recargos e multas.

01 Xuros de demora.

02 Recargo de constrinximento.

99 Outros recargos.

392 Sancións impostas polas consellerías.

399 Ingresos diversos.

00 Compensación de funcionarios públicos de entes e corporacións de dereito público.

01 Recursos eventuais.

02 Remanentes de tesourería de organismos autónomos suprimidos.

03 Xestión de declaracións de porte.

99 Outros ingres diversos.

Capítulo IV

Transferencias correntes

Recursos condicionados ou non, recibidos pola Administración da Comunidade Autónoma ou polos seus organismos autónomos sen contrapartida directa por parte dos axentes que os conceden e que se destinan a financiar operacións correntes.

4 Transferencias correntes.

40 Da Administración central do Estado.

400 Participación en ingresos do Estado.

00 Participación do ano corrente.

01 Liquidación do ano anterior.

02 Novas competencias.

401 Transferencias por concertos ou convenios.

402 Participación das corporacións locais nos tributos do Estado.

00 Concellos. Participación ano corrente.

01 Concellos. Liquidación do ano anterior.

02 Deputacións. Participación ano corrente.

03 Deputacións. Liquidación do ano anterior.

403 Subvencións finalistas.

-Abriranse os conceptos que procedan segundo a Consellería ou organismo a que se destinan.

409 Outras transferencias da Administración do Estado.

41 De organismos autónomos administrativos da Comunidade Autónoma.

410 Transferencias correntes de organismos autónomos administrativos.

42 Da Seguridade Social.

420 Do INSERSO.

421 Do INSALUD

00 Participación do ano corrente.

01 Liquidación do ano anterior.

02 Compensación transitoria.

43 De organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros ou análogos da Comunidade Autónoma.

430 Transferencias correntes de organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros ou análogos.

44 De empresas públicas e outros entes públicos.

440 De empresas públicas.

441 Doutros entes públicos.

45 De comunidades autónomas.

46 De corporacións locais.

460 De concellos.

461 De deputacións.

47 De empresas privadas.

48 De familias e institucións sen fins de lucro.

49 Do exterior.

490 Fondo Social Europeo.

Capítulo V

Ingresos patrimoniais

Recolle os ingresos procedentes de rendas de propiedade ou do patrimonio á Comunidade Autónoma ou ós seus organismos autónomos e das súas actividades realizadas en réxime de dereito privado.

5 Ingresos patrimoniais.

50 Xuros de títulos e valores.

51 Xuros de anticipos e préstamos concedidos.

52 Xuros de depósitos.

520 Xuros de contas bancarias.

00 De contas correntes.

99 Outros xuros bancarios.

53 Dividendos e participacións en beneficios.

533 De organismos autónomos comerciais, industriais ou financeiros.

534 De empresas públicas e outros entes

públicos.

537 De empresas privadas.

54 Rendas de bens inmobles.

540 Alugueiro e productos de inmobles.

541 Arrendamentos de predios rústicos.

544 Outras rendas.

5 Productos de concesións e aproveitamentos especiais.

550 De concesións administrativas.

551 Aproveitamentos agrícolas e forestais.

559 Outras concesións e aproveitamentos.

57 Resultado de operacións comerciais.

58 Variación do fondo de manobra.

59 Outros ingresos patrimoniais.

591 Beneficios por realización de investimentos financeiros.

592 Comisións sobre avais.

599 Outros.

Capítulo VI

Alleamento de investimentos reais

Comprende os ingresos derivados da venda de bens de capital de propiedade da Comunidade Autónoma e os seus organismos autónomos.

6 Alleamento de investiments reais. S 60 De terreos.

600 Venda de soares.

601 Venda de predios rústicos.

61 Dos demais investimentos reais.

619 Venda doutros investimentos reais.

Capítulo VII

Transferencias de capital

Recursos condicionados ou non recibidos pola Comunidade Autónoma e os seus organismos autónomos, sen contrapartida directa por parte dos axentes que os conceden e que se destinan a financiar operacións de capital.

7 Transferencias de capital.

70 Da Administración central do Estado.

700 Do Fondo de Compensación Interterritorial.

701 Fondos U.E. vía Administración central do Estado.

702 Subvencións finalistas.

-Abriranse os subconceptos que procedan segundo a Consellería ou organismo a que afecte.

709 Outras transferencias.

71 De organismos autónomos administrativos da Comunidade Autónoma.

710 Transferencias de capital de organismos autónomos administrativos.

72 Da Seguridade Social.

720 Transferencias de

capital da Seguridade Social.

00 Do INSERSO.

01 Do INSALUD.

73 De organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros ou análogos da Comunidade Autónoma.

730 Transferencias de capital de organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros ou análogos da Comunidade Autónoma.

74 De empresas públicas e outros entes públicos.

740 De empresas públicas.

741 Doutros entes públicos.

75 De comunidades autónomas.

750 Transferencias de capital de comunidades autónomas.

76 De corporacións locais.

760 De concellos.

761 De deputacións.

769 Doutros entes territoriais.

79 Do exterior.

790 Fondos Unión Europea.

00 FEDER programa operativo.

01 FEDER extramarco.

02 FEOGA orientación, programa operativo.

03 FEOGA orientación extramarco.

04 FEOGA garantía.

05 IFOP.

06 Fondos de cohesión.

07 Outras transferencias U.E.

Capítulo VIII

Activos financeiros

Recolle os ingresos procedentes da venda de activos financeiros, así como os ingresos procedentes de reintegros de préstamos concedidos e os reintegros de depósitos e fianzas constituídos.

8 Activos financeiros.

80 Alleamento de débeda do sector público.

81 Alleamento de obrigacións e bonos de fóra do sector público.

82 Reintegros de préstamos concedidos ó sector público.

820 A curto prazo.

821 A longo prazo.

83 Reintegro de préstamos concedidos fóra do sector público.

830 A curto prazo.

831 A longo prazo.

84 Alleamento de accións do sector público.

840 Alleamento de accións do sector público.

85 Alleamento de accións de fóra do sector público.

850 Alleamento de accións de fóra do sector público.

87 Remanente de tesourería.

870 Remanente de tesourería.

Capítulo IX

Pasivos financeiros

Imputaranse a este concepto os ingresos obtidos pola Comunidade Autónoma e os seus organismos autónomos procedentes da emisión de débeda e a obtención de préstamos tanto no interior coma no exterior, en moeda nacional e estranxeira, a curto, medio e longo prazo.

Os depósitos e fianzas recibidas.

9 Pasivos financeiros.

94 Depósitos e fianzas recibidos.

940 Depósitos recibidos.

941 Fianzas recibidas.

95 Préstamos recibidos e emisión de débeda.

950 Préstamos recibidos e emisión de débeda.

96 Conversión, negociación, transformación ou substitución de operacións de endebedamento.

960 Conversión, negociación, transformación ou substitución de operacións de endebedamento.

ANEXO IV

ESTRUCTURA POR DEPARTAMENTOS E CENTROS XESTORES

Seccións

SECCIÓN 01.-Parlamento.

Servicio 01. Parlamento.

Servicio 02. Valedor do Pobo.

SECCIÓN 02.-Consello de Contas.

Servicio 01. Consello de Contas.

SECCIÓN 03.-Consello da Cultura Galega.

Servicio 01. Consello da Cultura Galega.

SECCIÓN 04.-Conselleria da Presidencia e Administración Pública.

Servicio 01. Secretaría Xeral do Presidente.

Servicio 02. Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Servicio 03. Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Servicio 04. Secretaría Xeral para o Deporte.

Servicio 05. Secretaría Xeral para o Turismo.

Servicio 06. Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente.

Servicio 07. Secretaría Xeral de Comunicacións.

Servicio 08. Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial.

Servicio 09. Secretaría Xeral.

Servicio 10. Dirección Xeral da Función Pública.

Servicio 11. Inspección Xeral de Servicios.

Servicio 12. Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

Servicio 13. Dirección Xeral de Relacións Institucionais.

SECCIÓN 05.-Consellería de Economia e Facenda.

Servicio 01. Secretaría Xeral e do Patrimonio.

Servicio 02. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Servicio 03. Dirección Xeral de Tributos.

Servicio 04. Dirección Xeral de Orzamentos.

Servicio 05. Dirección Xeral de Política financeira e Tesouro.

Servicio 06. Dirección Xeral de Planificación

Económica e Relacións coa Unión Europea.

SECCIÓN 06.-Conselleria de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Servicio 01. Secretaría Xeral.

Servicio 02. Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e urbanismo.

Servicio 03. Dirección Xeral de Obras Públicas.

Servicio 04. Dirección Xeral de Transportes.

SECCIÓN 07.-Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria.

Servicio 01. Secretaría Xeral.

Servicio 02. Dirección Xeral de Educación Básica.

Servicio 03. Dirección Xeral de Ensinanzas Medias.

Servicio 04. Dirección Xeral de Ordenación Universitaria e Política Científica.

Servicio 05. Dirección Xeral de Política Lingüística.

Servicio 06. Dirección Xeral de Formación Profesional.

SECCIÓN 08.-Consellería de Industria e Comercio.

Servicio 01. Secretaría Xeral.

Servicio 02. Dirección Xeral de Industria.

Servicio 03. Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

SECCIÓN 09.-Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Servicio 01. Secretaría Xeral.

Servicio 02. Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural.

Servicio 03. Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias.

Servicio 04. Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

SECCIÓN 10.-Consellería de Cultura.

Servicio 01. Secretaría Xeral.

Servicio 02. Dirección Xeral de Cultura.

Servicio 03. Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental.

Servicio 04. Dirección Xeral de Promoción do Camiño de Santiago.

SECCIÓN 11.-Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Servicio 01. Secretaría Xeral.

Servicio 02. Dirección Xeral de Servicios Sociais.

Servicio 03. Dirección Xeral de Organización Sanitaria.

SECCIÓN 12.-Conselleria de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Servicio 01. Secretaría Xeral.

Servicio 02. Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura.

Servicio 03. Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras.

Servicio 04. Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

SECCIÓN 13.-Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Servicio 01. Secretaría Xeral.

Servicio 02. Dirección Xeral de Xustiza e Interior.

Servicio 03. Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Servicio 04. Dirección Xeral de Seguridade.

SECCIÓN 14.-Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Servicio 01. Secretaría Xeral.

Servicio 02. Dirección Xeral de Familia.

Servicio 03. Dirección Xeral de Xuventude.

Servicio 04. Dirección Xeral de Formación e Emprego.

SECCIÓN 21.-Transferencias a Corporacións Locais.

Servicio 01. Transferencias a Corporacións Locais.

SECCIÓN 22.-Débeda Pública da Comunidade Autónoma.

Servicio 01. Débeda pública da Comunidade Autónoma.

SECCIÓN 23.-Gastos de diversas consellerías.

Servicio 01. Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda.

Servicio 02. Dirección Xeral de orzamentos.

Organismos autónomos de carácter administrativo

-Dependente da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Organismo 100.-Escola Galega de Administración Pública.

-Dependente da Conselleria de Economia Facenda.

Organismo 100.-Instituto Galego de Estatística.

-Dependente da Conselleria de Sanidade e Servicios Sociais.

Organismo 100.-Servicio Galego de Saúde.

-Dependente da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Organismo 100.

-Academia Galega de Seguridade.

-Dependente da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Organismo 100.-Servicio Galego de Promoción de Igualdade do Home e a Muller.

Organismos autonomos de caracter industrial, comercial e financeiro ou análogo

-Dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Oganismo 200.-Instituto Galego da Vivenda e Solo.

-Dependente da Consellería de Cultura.

Organismo 200.-Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais.

ANEXO V

DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA DOS ORGANISMOS AUTÓNOMOS COMERCIAIS, INDUSTRIAIS, FINANCEIROS OU ANÁLOGOS

-Estructura dos orzamentos de organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros ou análogos.

Os organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros, ou análogos, se é o caso, elaborarán o

seu orzamento axustándoo á estructura que se recolle neste anexo, composta polos seguintes documentos:

A) Pormenor de ingresos e gastos.

B) Conta de explotación.

C) Cadro de financiamento básico.

Polo míudo de ingresos e gastos uniranse, ademais:

a) Conta-resumo de operacións comerciais.

b) Estado demostrativo da variación do fondo de manobra.

-Estructura do orzamento para organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros ou análogos.

GASTOS:

Cap. 1º.-Gastos de persoal.

Cap. 2º.-Gastos en bens correntes e de servicios.

Cap. 3º.-Gastos financeiros.

Cap. 4º.-Transferencias correntes.

Cap. 6º.-Investimentos reais.

Cap. 7º.-Transferencias de capital.

Cap. 8º.-Activos financeiros.

Cap. 9º.-Pasivos financeiros.

INGRESOS:

Cap. 1º.-Impostos directos.

Cap. 2º.-Impostos indirectos.

Cap. 3º.-Taxas e outros ingresos.

Cap. 4º.-Transferencias correntes.

Cap. 5º.-Ingresos patrimoniais.

-Art.57 Resultado de operacións comerciais.

-Art.58 Variación do fondo de manobra.

Cap. 6º.-Alleamento de investimentos reais.

Cap. 8º.-Activos financeiros.

Cap.9º.-Pasivos financeiros.

ANEXO VI

Documentación específica das empresas públicas e demais entes públicos ós que se refire o artigo 12 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia

Os orzamentos de explotación e capital, así como o cadro de financiamento, balance de situación e conta de perdas e ganancias que deberán remiti empresas públicas e demais entes públicos ós que fai referencia o artigo 12 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupuestario de Galicia, axustaranse á estructura que se recolle neste anexo.

Estas empresas e entes públicos cando realicen investimentos en infraestructuras públicas remitirán, asimesmo, unha descrición dos investimentos que se van realizar, con indicación, se é o caso, das plurianualidades nas que se desenvolverá, e as súas fontes de financiamento.

95-4097