Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 10 de xullo de 1995 Páx. 5.475

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.- Orde do 31 de maio de 1995, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, pola que se modifican as relacións de postos de traballo das consellerías de Economía e Facenda (Instituto Galego de Estatística), de Educación e Ordenación Universitaria e de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 118 bis, do pasado 21 de xuño, cómpre face-las oportunas correccións:

No anexo I, páxina 4.792, centro de destino Instituto Galego de Estatística, no posto EF.A01.00000.15770.041, onde di: «XEFE SECCIÓN PRESUPOSTARIA E CONTABILIDADE», debe dicir: «XEFE SECCIÓN ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE».

No anexo II, páxina 4.797, centro de destino S.X. UNIVERSIDADES, no posto ED.C05.00001.15770.016, onde di: «XEFE SECCIÓN DE XESTIÓN ECONÓMICA E PRESUPOSTO», debe dicir: «XEFE SECCIÓN DE XESTIÓN ECONÓMICA E ORZAMENTO».

No anexo III, páxina 4.799, centro de destino S.X. COORDINACIÓN, no posto PE.C02.00001.15770.018, onde di: «XEFE SERVICIO ADMÓN. X. E XESTIÓN PRESUPOSTARIA», debe dicir: «XEFE SERVICIO ADMÓN. X. E XESTIÓN ORZAMENTARIA»; no posto PE.C02.00001.15770.032, onde di: «XEFE SECCIÓN DE SEG. E CONTROL PRESUPOSTARIO», debe dicir: «XEFE SECCIÓN DE SEG. E CONTROL ORZAMENTARIO»; e no posto PE.C02.00001.15770.034, onde di: «XEFE NEGOCIADO CONTROL PRESUPOSTARIO», debe dicir: «XEFE NEGOCIADO CONTROL ORZAMENTARIO».

Na páxina 4.800, centro de destino S.X. RELACIÓNS, PLANIFICACIÓN E SISTEMAS DE INFORMACIÓN, no posto PE.C02.00009.15770.008 XEFE SERVICIO PLANIFICACIÓN E SISTEMAS DE INFORMACIÓN, na columna correspondente a corpo/escala di: «XERAL (ESCALA INFORMÁTICA)» e debe dicir: «XERAL/ESPECIAL/XERAL (ESCALA INFORMÁTICA)».

4768