De conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral desta consellería (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no
Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.
Cuarto.-Os/as aspirantes deberán acompañar xunto á petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.
Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non serán tidos en conta.
Quinto.-No caso de que resulten seleccionados/as para ocupa-los postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde, funcionarios/as con destino noutras administracións, requirirase o informe favorable do departamento onde presten servicios, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma procederase a adxudicárlle-los postos para os que foron seleccionados. Se no prazo de dous meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, os/as funcionarios/as seleccionados/as non se puidesen incorporar á Comunidade Autónoma, consideraranse desertos os postos e poderase proceder de novo á súa provisión.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, podendo, de con
siderarse oportuno, declararse desertos os postos de traballo.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade que a do novo, ou dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.
O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, salvo no caso de procedencia doutras administracións, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite dos dous meses a que se fai referencia no apartado quinto desta orde.
Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación da resolución.
Oitavo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1995.
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
de traballo directivo escala
específica de transportes provincial xeral
en transportes provincial xeralANEXO I
Código Denominación do posto
Centro
Localidade Corpo ou
Grupo Nivel. Específico Formación
OT.C99.10.000.32001.240 Xefe servicio
Delegación
Ourense Admón.
A/B 28 1.300.284 Experiencia
OT.C99.10.000.32001.009 Habilitado Delegación
Ourense Admón.
B/C/D 18 506.772
95-4546