Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.371

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (56/1995).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifica que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís obra a recaída nos autos de xuízo executivo número 56/1995, co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o quince de maio de mil novecentos noventa e cinco.

María Fe Meitín Fernández, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, seguindos perante este xulgado co número 56/1995, promovidos por Gasóleo Calefacción, S.L., domiciliada no lugar de Montouto, Os Tilos, concello de Teo, representada pola procuradora Sánchez Silva e dirixida polo letrado César Rúa, contra a entidade Construcciones y Restauraciones Coruñesas, S.L., con domicilio en Leira-Ordes, declarado en rebeldía, decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Construcciones y Restauraciones Coruñesas, S.L., e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 1.046.807 pesetas, importe do principal, e ademais ó pagamento dos xuros de demora e as custas, ó paga

mento dos cales debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interpoñerse neste xulgado e perante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia preinserida foi publicada no mesmo día da súa data pola maxistrada-xuíza que a subscribe e para que conste e para que sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o quince de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

9503739