Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.371

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (34/1995).

En virtude do acordado polo xuíz de primeira instancia e instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia de data 10 de maio de 1995, dictada en expediente de dominio que se segue neste xulgado co número 34/1995, por instancia de María del Carmen Carollo Miras e María del Pilar Carollo Miras, para facer constar no Rexistro da Propiedade a reanudación do tracto sucesivo interrompido en forma tal que a súa descrición sería a seguinte:

1. María del Carmen, predio nº 54-B. Rústica, terreo a monte no sitio de Costa Vella. Estrema: norte, camiño construído por concentración; sur, Mercedes Carollo Leboran; leste, María Nieves Carollo Miras; e oeste, Francisco Cela Seoane, dunha superficie de corenta e sete áreas e cinco centiáreas.

2. María del Pilar, predio nº 54 -C. Rústica, terreo a monte ó sitio de Costa Vella. Estrema: norte, camiño construído por concentración; sur, Mercedes Carollo Leboran; leste, predio anterior, e oeste, Francisco Cela Seoane, dunha superficie de corenta e sete áreas e cinco centiáreas.

Polo presente edicto cítase ós herdeiros de Francisco Boo Sabel e a cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita co fin de que no termo de dez días, a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegar canto conveña ó seu dereito, conforme a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os oportunos efectos.

Santiago de Compostela, doce de maio de mil novecentos noventa e cinco.

9503126