Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.370

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (367/1994).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta recaída en autos de xuízo verbal de desafiuzamento número 367/1994, con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela, quince de novembro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por min, Salvador Pedro Sanz Crego, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de desafiuzamento de local de negocio por falta de pagamento de rendas seguidos neste xulgado baixo o número 367 de 1994 por instancia de María Manuela Rodríguez Vilar, maior de idade, veciña de Santiago de Compostela e con domicilio en Vista Alegre número 1-1º, representado pola procuradora Goimil Martínez e asistida do letrado César Rúa, contra José Manuel Rodríguez González

e Ángel Alberto Fernández Iglesias, maiores de idade e con domicilio para efectos de notificación en avenida de Lugo, número 14, baixo, de Santiago de Compostela.

Decido que estimo a demanda interposta por María Manuela Rodríguez Vilar, representada pola procuradora Goimil Martínez e declaro haber lugar ó desafiuzamento de José Manuel Rodríguez González e Ángel Alberto Fernández Iglesias, condenándoos a desaloxa-lo local sito no piso baixo da casa número 14 da avenida de Lugo desta cidade de Santiago de Compostela, que deberán deixar libre e expedito á disposición do demandante, baixo apercibimento de que, de non o facer así, serán lanzados del, condenándoos a paga-las custas deste procedemento.

Contra esta resolución poderá interporse perante este xulgado recurso de apelación no prazo de tres días a contar desde o seguinte ó da súa notificación».

A sentencia preinserta foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que sirva de notificación en forma ós demandados en paradoiro descoñecido, José Manuel Rodríguez Iglesias e Ángel Alberto Fernández Iglesias con último domicilio coñecido en avenida de Lugo, número 14, baixo, Santiago de Compostela, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, doce de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

95-4072