Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.370

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (197/1993).

Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de executivo outros títulos número 197/1993, nos que recaeu sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«En Padrón, doce de maio de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, os presentes autos de executivo outros títulos seguidos neste xulgado co número 197/1993, nos que é parte, como

demandante, Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Núñez, e asistido polo letrado Ángel María García Fernández e como demandados Antonio Gómez Barreiro, Rosario del Carmen Gey Lorenzo e Mercedes Lorenzo Franco, declarados en rebeldía.

Resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Antonio Gómez Barreiro, Rosario del Carmen Gey Lorenzo e Mercedes Lorenzo Franco, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte actora das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 1.191.869 ptas., importe do principal, comisión e xuros pactados ata a data invocada; e ademais ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e as custas, ó pagamento do cal debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Contra esta sentencia poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación».

E para a súa publicidade e que sirva de notificación á demandada, non comparecido, Mercedes Lorenzo Franco, expido este edicto en Padrón o dezaoito de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

95-4020