Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.369

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (115/1995).

María Violeta Reboredo Otero, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, dou fe e testemuño de que nos autos de menor contía número 115/1995 se dictou a seguinte cédula de emprazamento.

Que nos presentes autos de declarativo menor contía, número 115/1995, promovidos por Josefa Quintas Viña e outros contra Mercedes Codesido García, Gloria

Míguez Codesido e José Silva Viña, dictouse a resolución seguinte:

Por repartido o anterior escrito e documentos que se acompañan, con todo o cal se formarán autos que se rexistrarán no libro correspondente, e nos cales se ten por comparecido e parte en nome e representación de Josefa Quintas Viña e outros, ó procurador Victorino Regueiro Muñoz, en virtude da escritura de poder que acompaña, con quen se entenderán as sucesivas actuacións na forma e modo dispostos na lei; tense por formulada e admítese a trámite a demanda postulada contra Mercedes Codesido García, Gloria Míguez Codesido e José Silva Viña, a cal se substanciará de acordo ás normas dispostas para o xuízo declarativo de menor contía, que articula a Lei de axuizamento civil, e en consecuencia, emprácese a parte demandada no domicilio que consta, con entrega das copias da demanda, documentos acompañados e desta resolución, para que dentro do termo de vinte días improrrogables compareza en autos en legal forma mediante avogado e procurador, e conteste a demanda, co apercibimento de recaer

sobre ela o prexuízo a que houbese lugar en dereito, en caso de non o verificar. Así mesmo, emprácense as persoas descoñecidas e incertas que puideran estar interesadas no camiño obxecto de proceso, publicándose edictos no DOG, entregándose os mesmos á representación procesual da parte demandante que coide do seu curso e xestión.

Contra esta resolución cabe recurso de reposición ante o xuíz dentro do terceiro día a partir da súa notificación.

En Arzúa o dezaseis de maio de mil novecentos noventa e cinco.

E para que sirva de emprazamento en legal forma a tódolos fins e termos legais ás persoas descoñecidas e incertas que puideran estar interesadas no camiño obxecto do proceso, libro e asino o presente edicto en Arzúa, dezaseis de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-4011