Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.369

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (60/1993).

Eu, secretaria, Violeta Reboredo Otero, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de divorcio, seguidos co número 60/1993, por instancia de María Luz Segade García, representada polo procurador Reymondez Portela, contra Modesto Castillo Ortiz, declarado en rebeldía, nos ditos autos dictouse sentencia coa seguinte decisión:

«Que debendo estimar como estimo a demanda interposta por María Luz Segade García representada polo procurador Reymondez Portela, contra Modesto Castillo Ortiz en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio existente entre ámbalas partes, e debo acordar e acordo a adopción das medidas acordadas en sentencia de separación encomendando a garda e custodia dos fillos á nai, fixando o seu domicilio na casa da avoa desta en Tronceda-Arzúa; sendo a patria potestade conxunta para ámbolos pais, sinalando ó esposo, como contribución ás cargas do matrimonio a cantidade mensual de 20.000 pesetas a percibir por mensualidades anticipadas, dentro dos cinco primeiros días de cada mes; en canto ó réxime de visitas, Castillo Ortiz poderá ter na súa compañía ós fillos, durante tódolos fins de semana desde as 10 do sábado ata as 20 horas do domingo e a metade das vacacións escolares de verán, Semana Santa e Nadal. Sen expresa declaración de custas.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no termo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.»

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Dolores de los Ríos Andérez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa e o seu partido.

E para que produza os efectos oportunos expido e presente edicto en Arzúa o 2 de maio de 1995.

Rubricado

95-4012