Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.369

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 1995 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de tecnoloxía electrónica, do departamento de Tecnoloxía Electrónica, a Alfonso Lago Ferreiro.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 10 de xuño de 1994 (BOE do 2-7-1994), para a provisión de unha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de tecnoloxía electrónica, do departamento de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo, a prol de Alfonso Lago Ferreiro, DNI nº 76.808.276, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Alfonso Lago Ferreiro profesor titular de universidade da área de coñecemento de tecnoloxía electrónica, do departamento de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 30 de maio de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

95-3682