Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.368

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 1995 pola que se nomea catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de análise xeográfica rexional, do departamento de Historia, Arte e Xeografía, a Alberto José Pazo Labrador.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 23 de maio de 1994 (BOE do 10-6-1994), para a provisión de unha praza de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de análise xeográfica rexional, do departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo, a prol de Alberto José Pazo Labrador, DNI nº 33.254.621, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Alberto José Pazo Labrador catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de análise xeográfica rexional, do departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da

presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 16 de maio de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

95-4211