Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.368

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1995 pola que se nomea profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de enfermería, do departamento de Ciencias da Saúde II, a Mª Carmen Méndez Pazos.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución da universidade da Coruña do 1 de xuño de 1994 (BOE do 29 de xuño) para a provisión da praza número 032/1994 de profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de enfermería, do departamento de Ciencias da Saúde II desta universidade, a favor de Mª Carmen Méndez Pazos, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mª Carmen Méndez Pazos, profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de enfermería, do departamento de Ciencias da Saúde II desta universidade.

A Coruña, 7 de xuño de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

95-3769