Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 05 de xullo de 1995 Páx. 5.312

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 21 de xuño de 1995 de desenvolvemento do Decreto 170/1995, do 3 de xuño, de axudas ás familias numerosas para adquisición de vivenda familiar.

A disposición derradeira primeira do Decreto 170/1995, do 3 de xuño, que regula a concesión de axudas ás familias numerosas para adquisición de vivenda familiar, faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para dictar, no marco das súas competencias, as disposicións necesarias para o seu desenvolvemento. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Baremo de puntuación.

Para os efectos do disposto no artigo 4º do Decreto 170/1995, do 3 de xuño, establécese o seguinte baremo de puntuación:

1. Nº de fillosPuntos

32

44

56

68

710

812

914

10 ou máis16

2. Ingresos familiares ponderados

en nº de veces o salario mínimo

interprofesionalPuntos

De 4,5 ata 5,51

De 3,5 ata 4,52

De 2,5 ata 3,54

De 1,5 ata 2,56

De 0 ata 1,58

Por ingresos familiares enténdese a contía da base ou das bases impoñibles dos membros integrantes da familia segundo a declaración do IRPF correspondente ó derradeiro exercicio económico no que xa vencera o prazo de presentación de declaracións en período voluntario.

Por ingresos familiares ponderados enténdese o resultado de lles aplicar ós ingresos familiares o correspondente coeficiente de ponderación, segundo a seguinte fórmula:

Ingresos familiares ponderados = ingresos familiares x coeficiente de ponderación.

Aplicaranse os seguintes coeficientes de ponderación en función do número de fillos no momento da presentación da solicitude:

1. Número de fillos Coeficiente de ponderación

30,90

40,85

50,80

60,75

70,70

80,65

9 ou máis0,60

3. Cada membro da familia

numerosa en situación dePuntos

* Incapacidade permanente parcial1

* Incapacidade permanente total2

* Incapacidade permanente absoluta3

* Gran invalidez 4

4. Familia monoparental2 puntos

Artigo 2º.-Contía das subvencións.

Para os efectos do establecido no artigo 4 do Decreto 170/1995, do 3 de xuño, as contías das subvencións a fondo perdido serán as seguintes:

-Para as solicitudes que obteñan resolución aprobatoria cun mínimo de dous puntos, a subvención será de 800.000 ptas (oitocentas mil pesetas).

-Para as que obteñan resolución aprobatoria con máis de dous puntos, cada punto máis implicará unha subvención adicional de 100.000 ptas (cen mil pesetas).

Artigo 3º.-Solicitudes.

Para efectos do disposto no artigo 5 do Decreto 170/1995 do 3 de xuño:

1. O modelo de solicitude é o que figura no anexo da presente disposición.

2. Xunto coas solicitudes presentarase a seguinte documentación:

-DNI/NIF do solicitante.

-Título de familia numerosa expedido pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

-Acreditación do nivel de minusvalidez, de se-lo caso.

-Acreditación, se é o caso, da condición de familia monoparental.

-Documento público ou certificación rexistral nos que conste a identificación, características e titularidade da vivenda obxecto das axudas.

-Xustificación do número de m útiles, por cada membro da familia numerosa, de que dispoña a vivenda obxecto das axudas.

-Declaración xurada de que ningún membro da familia é propietario de ningunha outra vivenda na Comunidade Autónoma, nin titular dun dereito real

de uso ou desfrute sobre ela, ou, de se-lo caso, xustificación de que a vivenda ten unha superficie insuficiente ou unha configuración, distribución, emprazamento, ou accesos inadecuados segundo o disposto no artigo 3 do Decreto 170/1995.

-Acreditación da composición familiar mediante copia da declaración da renda das persoas físicas correspondente ó derradeiro exercicio económico no que xa vencera o prazo de presentación de declaracións en período voluntario.

-Certificado da delegación de Facenda da contía da base ou bases impoñibles do IRPF correspondente ó derradeiro exercicio económico no que xa vencera o prazo de presentación de declaracións en período voluntario.

3. O prazo de presentación das solicitudes será de dous meses a partir da entrada en vigor da presente orde.

Artigo 4º.-Aplicación orzamentaria.

Estas axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 06.50.331A.786 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1995.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1995.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas y Vivienda

DOCUMENTOS QUE DEBEN ACOMPAÑA-LA SOLICITUDE:

-DNI/NIF do solicitante.

-Título de familia numerosa expedido pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

-Acreditación do nivel de minusvalidez, de se-lo caso.

-Acreditación, se é o caso, da condición de familia monoparental.

-Documento público ou certificación rexistral nos que conste a identificación, características e titularidade da vivenda obxecto das axudas.

-Xustificación do número de m útiles, por cada membro da familia numerosa, de que dispoña a vivenda obxecto das axudas.

-Declaración xurada de que ningún membro da familia é propietario de ningunha outra vivenda na Comunidade Autónoma, nin titular dun dereito real de uso ou desfrute sobre ela, ou, de se-lo caso, xustificación de que a vivenda ten unha superficie insuficiente ou unha configuración, distribución, emprazamento, ou acceso inadecuados segundo o disposto no artigo 3 do Decreto 170/1995.

-Acreditación da composición familiar mediante copia da declaración da renda das persoas físicas correspondente ó derradeiro exercicio económico no que xa vencera o prazo de presentación de declaracións en período voluntario.

-Certificado da delegación de Facenda da contía da base ou bases impoñibles do IRPF correspondente ó derradeiro exercicio económico no que xa vencera o prazo de presentación de declaracións en período voluntario.

4703