Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 05 de xullo de 1995 Páx. 5.311

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1995 pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de xuño de 1995.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de xuño de 1995, relativo á adxudicación provisional de cinco emisoras en ondas métricas con modulación de frecuencia para a súa explotación polas corporacións locais, resulta necesario darlle publicidade ó devandito acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regulan o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, e de acordo coa Orde do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo), que abre o prazo de presentación de solicitudes con esta finalidade. En consecuencia,

RESOLVO:

Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado

na súa reunión do 16 de xuño de 1995, polo que se adxudican provisionalmente 5 emisoras de radiodifusión sonora para a súa explotación polos respectivos concellos, texto que figura no anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Anexo á Resolución do 19 de xuño de 1995

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«De conformidade co establecido na Lei 11/1991, do 8 de abril, de organización e control das emisoras municipais de radiodifusión sonora, no Decreto 156/1989, do 27 de xullo (DOG nº 151, do 8 de agosto) modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro (DOG nº 27, do día 10 do mesmo mes), que regulan o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas

métricas con modulación de frecuencia, na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo seguinte), e demais normativa estatal e autonómica, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, acorda adxudicar con carácter provisional a explotación de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia ós concellos que se relacionan no anexo adxunto, con expresión das características que corresponden a cada unha das emisoras.

O outorgamento das concesións, que habilitarán para a posta en funcionamento das correspondentes emisoras, estará supeditado á aprobación previa do proxecto técnico, á realización das obras e instalacións correspondentes, así como á posterior inspección e autorización da posta en funcionamento.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública adoptará as medidas necesarias para a execución do presente acordo».

Anexo do acordo do Consello da Xunta de Galicia, polo que se adxudican

provisionalmente cinco emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas

con modulación de frecuencia, para a súa explotación polas corporacións locais

Prov.ConcelloF(Mhz)Lonx.Lat.CotaHEFMPRAWPDSector

C Fisterra107.29W161442N530113837.5 50MN-
C Melide107.58W005042N545645737.5 50MN-
LUMonforte de Lemos107.47W303242N312936337.5150MN-
LUXove107.77W304043N4114 4037.5 50MN-
POCambados107.98W484342N3115 1537.5150MN-

4704