Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 04 de xullo de 1995 Páx. 5.280

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Autobuses de Pontevedra, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Autobuses de Pontevedra, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, o día 11-5-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polos delegados de persoal, o día 2-5-1995. De conformidade co disposto no artigo 8 do texto do convenio colectivo, artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta Delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 15 de maio de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Autobuses de Pontevedra, S.A.

TÁBOA DE SALARIOS

Desde 1-4-1995 ó 31-3-1996

Xefe de servicios 134.175 ptas./mes.

Inspector 2.885 ptas./día.

Conductor-preceptor 2.794 ptas./día.

Conductor 2.776 ptas./día.

Oficial mecánico de primeira 2.885 ptas./día.

Oficial mecánico de segunda 2.730 ptas./día.

Oficial mecánico de terceira 2.620 ptas./día.

Peón 2.321 ptas./día.

Quebranto de moeda e entrega de billetaxe e recadación 180 ptas./día traballo.

9503725