Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 04 de xullo de 1995 Páx. 5.280

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Acsa Galicia, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia da empresa Acsa Galicia, S.A. que se subscribiu na data do 25 de abril de 1995, entre a representación da empresa e o delegado de persoal en representación dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, e o artigo 2 do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo sindical (pacto de empresa) de ámbito interprovincial para a empresa Acsa Galicia, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito.

O presente convenio colectivo sindical regulará a partir da súa entrada en vigor as relacións laborais de todo o persoal da empresa Acsa Galicia, S.A. na totalidade dos seus centros de traballo da Coruña e Lugo.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

Este convenio entrará en vigor o mesmo día da súa sinatura. Manterase en vigor ata o 31 de decembro de 1995 e tódalas melloras entenderanse desde o 1 de xaneiro de 1995. Entenderase prorrogado de ano en ano se non é denunciado por unha ou outra das representacións negociadoras, cunha antelación mínima de un mes respecto da súa data de expiración.

Artigo 3º.-Garantía ad personam.

Respectaranse as condicións persoais en concepto de retribucións de calquera clase que, consideradas no seu conxunto e cómputo anual, sexan máis beneficiosas cás tipificadas no presente convenio colectivo, manténdose estrictamente ad personam.

Artigo 4º.-Período de proba.

Sempre que así se faga constar no contrato de traballo, as admisións de novo persoal serán a título de proba, que comprenderá os seguintes períodos referidos ós distintos grupos de persoal:

Servicio posvenda: 30 días.

Administrativos: 30 días.

Técnicos comerciais: 90 días.

Software: 90 días.

Non cualificados: 10 días.

En calquera momento de tal período de proba ou ó chega-lo seu remate, a empresa ou o traballador poderán resolver libremente o contrato sen prazo de preaviso nin indemnización ningunha.

Artigo 5º.-Mobilidade do persoal.

Se a empresa acorda un traslado dos comprendidos no artigo 40 do Estatuto dos traballadores e o traballador non acepta o traslado, pronunciándose como consecuencia a autoridade laboral, estimando resolto o contrato de traballo, a empresa aboará como indemnización unha cantidade equivalente a dúas mensualidades por ano de servicio. Se, polo contrario, fose a empresa a que non aceptase a aplicación dos preceptos citados, e como consecuencia diso, a autoridade laboral declara rescindido o contrato de traballo, a empresa aboará unha cantidade equivalente a tres meses do salario por ano de servicio, considerándose a situación equiparada á de despido improcedente.

En todo caso, queda entendido que a normativa deste artigo se aplicará naqueles casos nos que non haxa acordo previo entre a empresa e o traballador, xa que no suposto de que o traslado se leve a cabo de mutuo

acordo, as partes acordarán o que se considere conveniente sobre o particular.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Como norma prohíbense as horas extraordinarias ou estructurais. En calquera caso, por aglomeración de traballo e urxencia de determinación del, poderanse pactar estas de forma individual así como a súa compensación económica ou mediante o desfrute de tempo libre. En ningún caso se poderán efectuar máis horas extras cás permitidas pola lexislación vixente.

Artigo 7º.-Axudas de custo.

A axuda de custo ou pensión alimenticia queda establecida da seguinte forma:

Media axuda de custo (xantar): 1.500 ptas.

Media axuda de custo (cea): 1.500 ptas.

Para pernoctar poderase utilizar un hotel ou residencia de ata tres estrelas, que se terá que xustificar. Se non houbese posibilidade de encontrar aloxamento da devandita categoría, ou non dispuxese este de habitación libre, poderase utilizar hotel ou residencia de categoría superior e baixo as mesmas condicións de xustificación.

Artigo 8º.-Condicións específicas do persoal comercial.

As condicións para este persoal serán as que teñen especificamente e individualmente convidas. Tales condicións poderán ser obxecto de revisión en función das evolucións que se produzan no mercado en que se desenvolva a actividade comercial da empresa.

Con independencia do anterior, o persoal comercial rexerase polas mesmas normas aplicadas ó resto do persoal (quilometraxe, axudas de custo, horario e demais normas non especificamente económicas).

Artigo 9º.-Incapacidade laboral transitoria.

A todo o persoal que se atopa en situación de ILT, derivada de enfermidade común ou profesional, accidente laboral ou extralaboral, a empresa complementaralle as percepcións que por estes conceptos perciba ata o límite de todo caso do 100% do salario real promediado dos últimos doce meses.

En ningún caso o total da percepción neta en situación de ILT será superior ó percibido en situación de alta.

A empresa reserva para si o dereito de confirmar a través dos servicios inspectores da Seguridade Social de baixas emitidas.

Artigo 10º.-Quilometraxe.

Compensarase segundo as normas vixentes ós empregados que, de acordo coa empresa, utilicen o coche como instrumento de traballo ó servicio dela, aboando o prezo por quilometraxe percorrido a vintecinco pesetas (25 ptas.).

En caso de subida da gasolina estudiaríase a porcentaxe dela por quilómetro.

Artigo 11º.-Garantía do posto de traballo.

O persoal en postos de traballo a extinguir deberá ser formado noutros similares, coas garantías necesarias para acceder a estes e de acordo co comité de empresa ou delegado de persoal, nestas formacións.

Como medida de protección ó posto de traballo, non poderán realizarse traballos fóra do ámbito da empresa se esta dispuxese de persoal especializado para a realización dos mesmos. En todo caso e se, por circunstancia especiais, a empresa considerase necesario realizar traballos fóra dela, requiriráselle o previo informe ó comité de empresa ou delegado de persoal.

Como medida de reducción do paro e a partir da entrada en vigor do presente convenio, non poderá contratarse persoal que estea dado de alta na Seguridade Social noutra empresa.

Nos supostos en que a maxistratura de traballo declare improcedente o despido e inmediatamente que a sentencia sexa firme, a empresa obrígase, agás acordo co traballador, á readmisión naqueles casos nos que o despido se basease na afiliación ou actuación política ou sindical do traballador sancionado.

Artigo 12º.-Cursos nacionais de formación.

Nos cursos de formación profesional e reciclaxe que a empresa organice en territorio nacional rexerá a seguinte normativa:

a) Os gastos de desprazamento serán por conta da empresa.

b) O traballador poderá elixi-lo medio de transporte, sempre que estea á hora de comezo do curso no lugar sinalado e que o saído pola empresa para o seu desprazamento non supoña un custo maior có dos medios públicos de transporte existentes para efectuar tal desprazamento (avión, tren, etc.).

c) Por cada mes de curso, o traballador desfrutará dunha fin de semana no seu domicilio, correndo por conta da empresa os gastos de desprazamento.

d) Se a duración do curso nacional fose superior a tres meses, o traballador poderá retornar ó seu centro e posto de traballo, permanecendo nel durante unha semana.

Artigo 13º.-Pagas extraordinarias.

As datas de aboamento das pagas extraordinarias serán: 31 de marzo, 30 de xuño, 15 de outubro, 15 de decembro. Estas datas poderán ser modificadas por razóns administrativas, advertindo diso ó persoal con oito días de antelación. O devengo será trimestral.

Artigo 14º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio, desfrutará de vintetrés días laborais de vacacións anuais, a partir dun ano de antigüidade; para estes efectos de cálculo dos días laborables, o sábado será considerado como festivo. As vacacións poderán ser desfrutadas en forma ininterrompida ou fraccionada a petición do traballador e de acordo coa empresa.

Se por solicitude da compañía se interrompen as vacacións e con iso se lle causa un prexuízo económico ó traballador, este será resarcido de tal prexuízo, sempre que haxa pola súa parte advertencia previa e posterior xustificación deste.

Por outra parte, o traballador desfrutará dun día máis de vacacións cando tal interrupción, pedida pola empresa, sexa inferior ou igual a cinco días, e de dous máis se excede de cinco días, en ámbolos casos laborables.

Nos casos de liquidación por saldo, ó importe da cantidade devengada en concepto de vacacións agregaráselle a parte proporcional dos festivos comprendidos no dito aboamento.

A empresa obrígase a notificar, de acordo cos representantes dos traballadores, as datas de vacacións con dous meses de antelación.

Artigo 15º.-Permisos e excedencias.

Haberá que aterse neste punto ó establecido na lexislación vixente. Coa salvidade de que o traballador que o solicite terá dereito a un número de días de permiso non retribuídos ou por conta das súas vacacións anuais (a opción do traballador) para asuntos propios e non superior a seis días ó ano. Estes días non serán consecutivos, agás acordo da dirección e para o seu desfrute será preciso que a coincidencia do número de persoas que utilicen este dereito simultaneamente no centro de traballo non prexudique en forma apreciable o normal funcionamento del.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguintes:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días nos casos de nacemento dun fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento fóra da provincia, para tal efecto, o prazo será de cinco días.

Artigo 16º.-Maternidade.

O persoal que por razón de maternidade necesite imprescindiblemente supera-los prazos de descanso legalmente establecidos poderá solicitar unha excedencia na forma e condicións establecidas na lexislación vixente, coa única salvidade de que o seu reingreso se producirá na data en que o solicite, con preaviso mínimo de dous meses; esta reincorporación producirase nun posto de traballo adecuado á súa categoría profesional.

Se fose necesaria a contratación doutra persoa para tal período de descanso e excedencia, se é o caso, entenderase sempre que a persoa substituta se contratou co carácter de interina e cesará na súa relación laboral coa empresa ó se produci-lo retorno da substituída.

Cando as ditas traballadoras en situación de baixa por maternidade non superen o período autorizado pola lexislación vixente, reincorporaranse ó mesmo

posto de traballo que ocupaban antes de se produci-la baixa. Se tal baixa por este concepto superase o período arriba referido, a interesada retornará ó mesmo ou a outro posto de traballo, respectándose as súas condicións de salario e antigüidade.

Artigo 17º.-Enfermidade dos fillos.

Os traballadores gozarán de permiso non superior a dez días anuais, interrompidos ou non, para atender enfermidades graves e xustificadas dos seus fillos; estes días terán a seguinte remuneración:

-Primeiro e segundo día: aboables ó 100%.

-Segundo e cuarto día: aboables ó 70%.

-Quinto, sexto, sétimo e oitavo día: aboables ó 40%.

-Noveno e décimo día: non retribuídos.

Artigo 18º.-Revisión médica.

A empresa seguirá ordenando pola súa conta a revisión médica anual para todo o persoal da organización.

Independentemente do anterior, tódalas traballadoras que o desexen terán dereito a unha revisión xinecolóxica anual, a cargo da empresa ata un máximo de 10.000 ptas., logo de xustificante do pagamento.

Artigo 19º.-Visita médica.

O persoal que teña necesidade de asistir a consultas de especialistas alleos á Seguridade Social poderá acudir a elas, logo de autorización do seu xefe inmediato e sen perda de remuneración sempre que non sexa posible efectualo fóra das horas de traballo.

Para que estas consultas se entendan comprendidas no parágrafo anterior será indispensable a achega de xustificantes de se ter realizada a visita médica.

Artigo 20º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 40 horas semanais, agás na denominada xornada de verán, que será de 35 horas semanais. A distribución farase da seguinte maneira:

Horario de inverno:

-8.30 horas a 14 horas.

-16 horas a 18.30 horas.

Horario de verán: 12 de xuño a 16 de setembro de 1995.

-8 horas a 15 horas.

En tódolos casos de luns a venres.

Artigo 21º.-Incremento salarial.

O incremento de masa salarial, aboada pola empresa durante 1994, composta por: salario base, prima de producción, antigüidade e plus de transporte crece para 1995 nun 3,5%. O importe resultante da subida dos pluses será incrementado ó salario base. Sen prexuízo do apartado anterior, no caso de que o índice de prezos ó consumo IPC establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1995 unha suba superior

ó 3,5%, actualizaranse os salarios con carácter retroactivo desde o 1-1-1995. Os atrasos do IPC unha vez coñecido cobraranse nunha soa paga.

Artigo 22º.-Antigüidade.

Sendo Acsa Galicia, S.A. unha empresa creada a partir do persoal de Gispert, S.A. en 1982, e téndose respectado na súa contía económica a antigüidade habida na anterior empresa, tódolos traballadores no cadro de persoal de Acsa Galicia, S.A. inician en xaneiro de 1983 un novo período, os máis antigos e os demais na data da súa incorporación a Acsa Galicia, S.A.

Neste sentido e mantendo o compromiso de adecua-las condicións existentes en Gispert, S.A. á nova empresa, fíxase, para cando haxa lugar, os períodos de antigüidade en quinquenios e o seu valor en 2.300 ptas., resultando de aplica-lo valor da antigüidade existente en 1983 en Gispert, S.A. a inflación habida no período 1983-1986.

Artigo 23º.-Dereitos sindicais.

Serán todos aqueles de elección e representación que estipule a lei en cada momento coas melloras adicionais que a seguir se detallan:

Dúas reunións anuais para tódolos traballadores, dentro do horario de traballo.

Artigo 24º.-Transporte.

Os empregados de Acsa Galicia, S.A. dos departamentos de SPV, almacén e administración percibirán como compensación ó transporte a cantidade de 6.100 ptas. mensuais, é dicir, 12 veces no ano.

Artigo 25º.-Comisión paritaria de vixencia e aplicación.

A comisión paritaria para resolve-las cuestións que se deriben da aplicación deste convenio estará integrada por: José Veira Villar, vocal da empresa; Manuel López Edreira, vocal dos traballadores.

Artigo 26º.-Absorción e compensación.

As disposicións legais que se dicten durante a vixencia do presente convenio e que supoñan tanto unha variación económica, como de xornada, vacacións ou calquera outra das materias reguladas neste convenio ou con existencia xa de feito nas relacións de traballo da empresa, unicamente terán eficacia cando, consideradas na súa totalidade, superasen a nivel individual e en cómputo anual as preexistentes en Acsa Galicia, S.A., debendo entenderse en caso contrario absorbidas na súa totalidade polas melloras actuais ou pactadas neste convenio.

Este convenio representa unha unidade cerrada no seu conxunto, de tal forma que calquera situación individual que poida ser regulada dentro del, haberá de interpretarse no seu contexto e en valoración anual, entendéndose que tódalas melloras ou situacións persoais que poidan alegarse como prexuízo inidividual terán que considerarse xuntamente cos beneficios que se obteñan da aplicación total deste convenio.

TÁBOA SALARIAL 1995

1995

Sal. baseAntigüi.Transp.Produc.Total mesTotal ano% Increm.Incremento

S.P.V.
José E. Veira Villar148.2164600610015500174.4162.704.2483,5091.448

Miguel González López149.4182300610021000178.8182.752.6863,5093.086

Jorge González Álvarez147.4784600610015000173.1782.686.4463,5090.846

Bernardino Fernández Iglesias131.0214600610015000156.7212.423.1423,5081.942

José Luis Espiñeira Luaces124.5014600610015000150.2012.318.8143,5078.414

Ángel Luengo Fernández141.2174600610017000168.9172.610.2703,5088.270

Manuel L. García Muinelo147.2204600610017000174.9202.706.3183,5091.518

José M. Blanco Velo150.2214600610017000177.9212.754.3423,5093.142

Manuel López Edreira141.9924600610015000167.6922.598.6783,5087.878

Francisco Vázquez Fernández128.5904600610017000156.2902.408.2383,5081.438

Modesto Martínez Montes106.4292300610017000131.8292.016.8624,3383.662

Jesús Souto Nieves106.4292300610017000131.8292.016.8624,3383.662

Camilo Martínez Martínez 92.7282300610015500116.6281.779.6404,4475.640

Juan José Sánchez Pérez 82.692610011500100.2921.534.2725,1475.072

Jesús Corbelle Suárez 81.631610010500 98.2311.505.2925,1874.092

Totais1.800.40050.60091.500236.6002.178.50034.816.1103,791.270.110

ADMINISTRACIÓN

Ana López García142.02246006100152.7222.419.1564,54104.996

Susana Nieto Alfonso104.30323006100112.7031.778.8504,9283.343

Concepción Pena Vila112.90446006100123.6041.953.2574,7989.241

Dolores López Lence107.43123006100115.8311.828.8914,8885.035

Mª Pilar García Pérez136.54923006100144.9492.294.7904,59100.790

Totais574.246920030500649.80910.274.9434,72463.404

ALMACÉN

Antonio Suárez Vázquez100.87146006100111.5711.760.7423,5059.542

José Veira Mosquera105.1606100111.2601.755.7624,9382.562

Totais206.031460012200222.83135165044,22142104

VENDAS

Antonio Gómez Bellón134.07546006100144.7752.292.0033,5077.507

J.L. Villanueva Santos134.07546006100144.7752.292.0033,5077.507

Víctor Molinos García114.1036100120.2031.898.8523,5064.212

Antonio de Miguel Lozano117.2626100123.3621.949.3943,5065.922

Ramón Gómez Vázquez127.76423006100136.1642.154.2183,5072.848

Andrés Couto Cagiao 75.44423006100 83.8441.317.1003,5044.540

Totais702.72313.80036600753.123119035703,50402.536

4626