Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 04 de xullo de 1995 Páx. 5.276

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa La Artística de Vigo, S.A. e Alonarti, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa La Artística de Vigo, S.A. e Alonarti, S.A., situada na provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-5-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación das empresas, e da parte social polos delegados de persoal de La Artística de Vigo, S.A., e o

comité de empresa de Alonarti, S.A., con data do 25-4-1995, de conformidade co disposto no artigo 90, 2º y 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e o Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre trspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, a Delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 11 de maio de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo das empresas La Artística de Vigo S.A. e Alonarti, S.A. para o ano 1995.

Artigo 1º.-Partes asinantes e ámbito.

Son partes asinantes do presente convenio colectivo, pola parte económica a representación das empresas La Artística de Vigo, S.A. e Alonarti, S.A., e pola parte social, os delegados de La Artística de Vigo, S.A. e comité de Alonarti, S.A.

Este convenio que se concerta entre a representación económica e social das empresas La Artística de Vigo, S.A. e Alonarti, S.A. será de aplicación a todo o persoal destas.

Artigo 2º.-Vixencia.

O presente convenio establécese para estar en vigor durante o ano 1995, do 1 de xaneiro ó 31 de decembro. Calquera que sexa a data da súa sinatura ou publicación no BOP, os efectos económicos retrotraeranse en todo caso ó 1 de xaneiro de 1995.

Este convenio prorrogarase por un ano máis, salvo denuncia dalgunha das partes con un mes de anticipación ó fin da súa vixencia. Denunciado o convenio, subsistirán os seus preceptos ata a entrada en vigor do que o substitúa.

Artigo 3º.-Normas supletorias.

Serán as de carácter xeral e a ordenanza laboral da industria metalográfica.

Artigo 4º.-Dereitos adquiridos.

Este convenio garante como mínimo as condicións existentes, aplicándose sobre elas os beneficios daquel.

Respectaranse os dereitos adquiridos e condicións máis beneficiosas que están establecidas nas empresas á entrada en vigor do presente convenio.

Artigo 5º.-Xornada e vacacións.

A xornada anual será de 1.768 h. de traballo efectivo e as vacacións anuais de 30 días ininterrompidos. A xornada diaria efectiva será de 8 horas de traballo.

No presente ano de 1995, La Artística de Vigo, S.A. desfrutará as vacacións en dous períodos, polo que terá unha reducción de 8 h. sobre as 1.768 h., quedando a súa xornada anual efectiva en 1.760 h. de traballo.

Os días establecidos como descanso ou vacacións serán retribuídos como tempo efectivo de traballo.

Artigo 6º.-Xornada nocturna.-O plus de nocturnidade devengarase entre as 22 h. e as 6 h. do día seguinte, coa excepción da media hora da quenda de tarde, que non terá esa consideración para ningún efecto. A xornada nocturna será de 35 horas semanais e o persoal que a realice percibirá unha gatificación de 2.102 ptas. por noite traballada. Para os demais traballos nocturnos aboaranse 260 ptas. por hora traballada. Se o número de horas excede de 4, aboaranse 1.921 ptas., todo isto independentemente do 25% de nocturnidade.

Artigo 7º.-Salario.

O incremento do presente convenio será do 4,0% sobre o salario base, o importe do cal será o que figura nas táboas anexas. Tamén será aplicable ós demais conceptos.

Artigo 8º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal percibirá 2 pagas extraordinarias, unha no mes de xullo pagadoira na primeira quincena e outra en decembro pagadoira do 15 ó 18, o importe das cales será de 30 días de salario base máis a antigüidade que corresponda.

Artigo 9º.-Beneficios.

Todo o persoal percibirá unha gratificación anual que se devengará semestralmente, do 15 ó 20 dos meses de xaneiro e xullo. En xaneiro a correspondente ó segundo semestre do ano anterior (1994) e en xullo a do primeiro semestre do ano que corre (1995). Consistirá no 10% sobre o salario base, sobre a antigüidade e sobre as dúas pagas extras, efectivamente percibidas.

Artigo 10º.-Accidente laboral.

As baixas por accidente laboral non darán lugar á perda da paga de beneficios, a cal se percibirá como se se traballase.

Ademais, para os accidentes que dean lugar a I.T., ocorridos dentro do recinto da empresa ou durante as horas en que se estea a prestar servicio ás empresas, a retribución que se percibirá será a seguinte:

-Os primeiros 8 días: 75% so salario convenio.

-Do día 9 en diante: 100% do salario convenio.

Artigo 11º.-Antigüidade.

O persoal afectado polo presente convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio consistentes no 5% do salario base por cada quinquenio cumprido na empresa, ata un máximo de cinco quinquenios.

Estes comezaranse a computar desde a data de ingreso na empresa e o seu importe percibirase desde o primeiro día do trimestre natural en que se cumpra o seu vencemento.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Tenderase á suspresión das horas extraordinarias que non veñan impostas por causas de forza maior ou que teñan carácter estructural. Enténdense como horas extraordinarias estructurais as definidas como tales no R.D. 1858/1981, do 20 de agosto, así como:

a) Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas: realización.

b) Horas extraordinarias necesarias por pedidos imprevistos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quendas ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trate; mantemento, sempre que non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente.

As horas extras que se realicen en sábados ou vésperas de festivos retribuiranse na mesma contía que as festivas.

Todo o persoal que realice horas extras percibirá as seguintes cantidades por día:

-Ata 2 horas: 721 ptas.

-Máis de 2 horas: 1.441 ptas.

O persoal que entre de maneira habitual media hora antes da xornada percibirá 182 ptas. por día. Sempre que este persoal realice outras horas percibirá as cantidades establecidas como norma xeral, sen prexuízo das que cobrase pola media hora da mañá.

O importe das horas extraordinarias será o que figura na táboa anexa.

Artigo 13º.-Falecemento dun traballador.

En caso de falecemento dun traballador, a empresa aboaralle ó seu cónxuxe, no seu defecto ós fillos e no seu defecto ós pais, nesa orde e sempre que dependan economicamente do traballador falecido, as cantidades que se relacionan, segundo as seguintes causas:

a) Se o falecemento é debido a enfermidade ou accidente non laboral: 424.500 ptas.

b) Se o falecemento é debido a accidente laboral: 735.500 ptas.

Artigo 14º.-Categorías profesionais.

Substitúese a categoría de aprendiz menor de 18 anos pola de aprendiz, cos salarios que figuran na táboa anexa.

Os especialistas de 2ª serán promovidos á categoría de especialistas de 1ª como máximo ós 6 meses de antigüidade na empresa.

Os porteiros e serenos equipáranse, como mínimo, a especialistas de 1ª en categoría e retribución.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

As empresas proverán os seus traballadores da roupa necesaria para o exercicio do seu labor, que non poderá ser inferior a dúas pezas ó ano.

Artigo 16º.-Plus de asistencia e puntualidade.

Satisfarase co incremento do 6% sobre o que estivo en vigor en 1994. Computarase por períodos semanais e terá dereito a el o persoal que non cometese máis de unha falta de asistencia ou puntualidade durante o dito período e alcanzará os días traballados máis domingos e festivos.

Non obstante o exposto no parágrafo anterior, o dito plus percibirase igualmente nos seguintes supostos:

a) Cando o traballador se ausente para cumprir función de carácter sindical.

b) Durante os períodos regulamentarios de vacacións.

c) Cando o traballador se ausente por causa de citacións xudiciais ou gobernativas ou para asistir a algún exame por estudios oficiais, mesmo o obrigatorio para obte-lo permiso de conducir e para a obtención ou renovación do DNI.

d) Durante os días traballados na semana na que se produza a baixa ou a alta, orixinadas por causa de accidente laboral.

e) Por asistencia a consulta médica.

f) Durante os días en que o traballador estea ausente con permiso por causa de morte dos pais, cónxuxe, fillos, avós, netos, irmáns ou persoas afíns que convivan con el.

g) Durante o permiso motivado por parto da esposa, intervención cirúrxica ou enfermidade grave dos familiares comprendidos na alínea f).

Artigo 17º.-Traballos tóxicos, penosos e perigosos.

O plus de traballos tóxicos, penosos e perigosos incrementarase na porcentaxe de convenio do 4,0%.

Artigo 18º.-Incapacidade permanente parcial.

Cando ó traballador lle sexa declarada unha incapacidade permanente parcial para a súa profesión habitual, a empresa terá a obriga de o admitir e de lle proporcionar traballo que non lle supoña diminución na súa remuneración, a cal terá que se manter na contía íntegra que lle corresponda, segundo a súa categoría profesional.

Artigo 19º.-Axuda escolar.

Tódolos traballadores terán dereito a percibir por cada fillo escolarizado a cantidade de 2.471 ptas. mensuais, durante os doce meses do ano, e na idade de 3 a 22 anos, logo de xustificación.

Artigo 20º.-Axuda a minusválidos.

Os traballadores beneficiarios da prestación de minusvalidez da Seguridade Social percibirán por parte da empresa unha axuda de 17.354 ptas. mensuais.

Artigo 21º.-Xubilacións.

Os traballadores que se xubilen entre os 60 e 65 anos percibirán da empresa as cantidades segundo se detallan na seguinte escala:

Ós 60 anos 824.500 ptas.

Ós 61 anos 732.000 ptas.

Ós 62 anos 649.000 ptas.

Ós 63 anos 565.000 ptas.

Ós 64 anos 500.000 ptas.

Ós 65 anos 444.000 ptas.

Artigo 22º.-Baixas por incapacidade permanente absoluta.

Os traballadores que causen baixas por incapacidade permanente, no grao de absoluta, por proposta da Comisión Técnica Cualificadora Provincial ou Central da Seguridade Social, percibirán por parte da empresa 480.000 ptas. por unha soa vez, calquera que sexa a súa idade.

Artigo 23º.-Ausencias retribuídas.

O traballador, avisando coa posible anticipación e xustificándoo, poderá faltar ou ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expón:

a) Durante tres días, que se poderán ampliar ata dous máis, cando o traballador necesite realizar un desprazamento para efectos de:

Nos casos de parto da esposa, enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe, fillos, pai ou nai, netos, avós e irmáns. En caso de convivencia co traballador, calquera persoa.

b) Durante un día por traslado do seu domicilio habitual.

c) Un día natrual en caso de casamento de fillos, irmáns ou pais.

d) O tempo necesario para o cumprimento de funcións de carácter sindical, nos casos representativos e non excedendo de 40 horas laborais ó mes.

e) As nais con fillos menores de noves meses terán unha reducción de unha hora na xornada laboral, a cal será retribuída pola empresa.

f) A empresa aboará un permiso retribuído de 15 días naturais en caso de casamento.

Nos parentescos enténdese tanto os graos de consanguinidade como de afinidade.

Artigo 24º.-Plus de transporte.

Incrementarase no 4,0%.

Artigo 25º.-Maternidade.

As traballadoras en período de xestación poderán solicita-lo cambio parcial ou temporal de posto de

traballo, sempre que a xuízo do médico de empresa e do seu xinecólogo o posto que desempeñen lles proporcione dificultades anormais.

A empresa complementará á traballadora desde a súa baixa por maternidade o 100% do seu salario durante 16 semanas.

Artigo 26º.-Funcións do comité de empresa.

De acordo co convido nas leis, os comités terán facultades para interviren en materia de:

a) Negociación colectiva.

b) Seguridade e hixiene.

c) Expedientes de regulación de emprego.

d) Folga.

e) Seren informados trimestralmente pola empresa acerca da súa situación e marcha xeral.

E serán informados do mesmo xeito en materia de:

a) Mobilidade do persoal.

b) Imposición de sancións e despedimentos.

c) Evolución do emprego e horas extras.

As empresas facilitarán un local para o funcionamento dos comités, dotado de arquivos para a súa documentación e máquina de escribir. Para a reproducción de circulares ó persoal procurarán facilitarlle-lo seu servicio de multicopista, compatibilizándoo co traballo normal nas oficinas.

Artigo 27º.-Asembleas.

Poderán ter lugar dentro dos locais de ámbalas firmas, fóra de horas de traballo, cando o soliciten da empresa o comité ou o 20% dos traballadores, polo menos con 48 horas de anticipación á súa celebración.

Mentres non se destine a outro fin, o local que cederá a empresa será o mesmo utilizado ata o de agora.

Artigo 28º.-Cota sindical.

As empresas descontaranlle ós traballadores afiliados ós sindicatos con representación do 10% de delegados no comité e que pertenzan a centrais de ámbito nacional, de nacionalidade ou rexión, a cota sindical, logo de conformidade do interesado por escrito.

Os devanditos escritos dos traballadores terán unha vixencia mínima de un ano agás comunicación do contrario do interesado.

Artigo 29º.-Seccións sindicais.

Terán as seguintes garantías:

a) No suposto de medidas disciplinarias contra calquera afiliado, as empresas xunto ó escrito de sanción ó interesado, entregarán copia para a súa sección sindical.

b) Poderán difundir libremente as publicacións da súa central, cobrar cotas e afiliar, sen máis limitacións que a non obstaculización da producción.

c) As seccións sindicais coa representación mencionada no presente artigo poderán realizar asembleas,

fóra de horas de traballo, nos locais da empresa, logo de llo solicitar a esta.

d) As seccións sindicais de empresa que cumpran o 10% disporán para o conxunto dos seus afiliados de ata un máximo de 7 días anuais de licencia non retribuída, para a asistencia a cursos, congresos, etc. dunha central.

A licencia requirirá notificación á empresa con unha semana de anticipación.

e) A empresa quedará obrigada a concede-la excedencia polo tempo necesario para os traballadores que ocupen un cargo sindical con carácter cando menos provincial.

Artigo 30º.-Revisión salarial.

No caso de que o índice de prezos de consumo (IPC) establecido polo Instituto Nacional de Estatística rexistrase o 30 de setembro de 1995 un incremento respecto ó 31 de decembro de 1994 superior ó 3,8% (tres con oito por cento), efectuarase unha revisión salarial tan pronto se constate oficialmente a dita circunstancia. Esta revisión, no suposto de que haxa que facela efectiva, serao sobre os meses de outubro, novembro e decembro de 1995 e consistirá na aplicación do exceso sobre o citado tanto por cento ás retribucións vixentes o 31 de decembro de 1994.

Artigo 31º.-Comisión paritaria.

Crearase unha comisión paritaria integrada por tres representantes dos traballadores e tres representantes das empresas. Será presidida pola persoa que a mesma comisión designe por ámbalas partes; a comisión poderá actuar sen presidente, se así se acordase.

Será función principal da comisión paritaria interpreta-las cláusulas do convenio pronunciando unha arbitraxe nas cuestións controvertidas que se presenten.

Artigo 32º.-Transitorio.

En futuras negociacións de convenio tentarase buscar fórmulas que permitan a desconxelación paulatina e equitativa dos conceptos que actualmente están en tal situación.

Artigo 33º.-Retribución do persoal feminino.

Aplicarase o establecido na ordenanza laboral da industria metalográfica no seu artigo 58 e o 28 do Estatuto dos traballadores.

Vigo, 25 de abril de 1995.

ANEXO Nº 1 (Indicado no artigo 7º)

Táboa conv. 1995.

Días do ano 1995: 365.

Co incremento de: 4,00%.

CategoríasImporte

Día/mes

Hor. Extra.

Normais

Hor. Extr.

Festivas

Aprendiz2.599,76 9871.159
Peón3.122,51 1.2271.438
Especialista de 2ª3.227,79 1.2481.468
Especialista de 1ª3.325,99 (1)1.2791.489
Oficial de 3ª3.620,71 (2)1.3481.580

CategoríasImporte

Día/mes

Hor. Extra.

Normais

Hor. Extr.

Festivas

Oficial de 2ª3.954,00 (3)1.4891.740
Oficial de 1ª4.139,96 (4)1.5691.831
Ofic. espc. de litografía4.357,48 1.6901.974
Gardas, porteiros,

serenos e ordenanzas

3.325,99 1.2791.489
Almaceneiro e listeiro3.620,71 1.3481.580

Persoal administrativo

Xefe de 1ª143.652 1.8512.162
Xefe de 2ª135.087 1.8512.162
Oficial de 1ª125.924 (4)1.5691.831
Oficial de 2ª120.268 (3)1.4891.740
Auxiliar110.130 (2)1.3481.580
Telefonista101.166 (1)1.2791.489

Persoal técnico

Delin. e debux.

proxectista de 3ª

113.639 1.4201.650
Delin. e debux.

proxectista de 2ª

120.373 1.4891.740
Delin. e debux.

proxectista de 1ª

127.319 1.6011.872
Mestre encargado143.404 1.8512.162
Encargado de sección136.436 1.7322.011
Titulado de grao medio143.652 1.8512.162
Titulado de grao super.186.544 1.8512.162

9503702