Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 04 de xullo de 1995 Páx. 5.276

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se fai pública a relación provisional de beneficiarios das bolsas para a realización de estudios no campo da pesca.

Rematado o proceso de selección das solicitudes de bolsas para a realización de estudios no campo da pesca, convocadas por Orde do 30 de xaneiro de 1995 ( DOG nº 62 do 29 de marzo de 1995 ), procede, atendendo á proposta elaborada pola comisión de selección das ditas bolsas, facer pública a relación provisional de beneficiarios. En consecuencia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Proponse declarar deserta a bolsa correspondente a base 1ª.2 e que se acumule á correspondente da base 1ª.1.

Segundo.- Facer pública a relación provisional de beneficiarios das bolsas para a realización de estudios no campo da pesca, de conformidade co establecido na base 6.4 da citada orde, e que segundo a orde de puntuación son os que seguen:

ApelidosNomeDNI/CIF

Núñez BarrosMª Rosa 32.657.012-W

Ferré ÁlvarezMª del Carmen34.259.859-W

Terceiro.-Contra esta resolución poderase formular reclamación no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1995.

Ana Mª Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación

95-3775