Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 03 de xullo de 1995 Páx. 5.254

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (6/1992).

Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de executivo outros títulos nº 6/1992, nos que recaeu sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva seguintes:

«En Padrón, vintecatro de abril de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, os presentes autos de executivo outros títulos seguidos neste xulgado co número 6/1992, nos que son parte como demandante, Banco de Galicia, S.A., representado polo procurador Narciso Caamaño Queijo e asistido polo letrado José Manuel Vázquez Yebra, e como demandada, Carlos Diz Santos, Manuel Iglesias Veiga, Mª Rosario Diz Santos, Ramón Esperante Lesende e Mª del Carmen Diz Santos, domiciliados todos eles na Capela-Araño (Rianxo), e contra a herdanza xacente dos cónxuxes David Diz Miguens e Dorinda Santos Suárez, en paradoiro descoñecido, declarados en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Carlos Diz Santos, Manuel Iglesias Veiga, Mª Rosario Diz Santos, Ramón Esperante Lesende, Mª del Carmen Diz Santos e a herdanza xacente dos cónxuxes David Diz Miguens e Dorinda Santos Suárez, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte actora, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 1.569.281 ptas., importe do principal, comisión e xuros pactados ata a data invocada; e ademais ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e as custas, ó pagamento das cales debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.

E para a súa publicación e para que sirva de notificación ó demandado, non comparecido, herdanza xacente dos cónxuxes David Diz Miguens e Dorinda Santos Suárez, expido o presente edicto en Padrón o vinteoito de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

3733