Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 03 de xullo de 1995 Páx. 5.254

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (182/1994).

Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e do seu partido, fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de executivo outros títulos número 182/1994, nos que recaeu sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di así:

«En Padrón, vintecatro de outubro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e do seu partido, os presentes autos de executivo outos títulos seguidos neste xulgado co nº 182/1994, nos que son parte, como demandante, Banco de Galicia, S.A., representado polo procurador Narciso Caamaño Queijo, e asistido polo letrado Óscar J. Suris Regueiro, e como demandados, Braulio Pérez Castro e Ana Cristina Maroño Vilaboa, en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Braulio Pérez Castro e Ana Cristina Maroño Vilaboa, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades por que se despachou a execución, a cantidade de 468.601 ptas., importe do principal, comisión e xuros pactados ata a data invocada; e ademais ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e ás custas, ó pagamento dos cales debo condenar e condeno expresamente á parte demandada».

Para a súa publicidade e que sirva de notificación á demandada, non comparecida, Ana Cristina Maroño Vilaboa, expido o presente edicto en Padrón vintesete de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

3217