Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 03 de xullo de 1995 Páx. 5.254

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (94/1995).

Eu, secretaria, Violeta Reboredo Otero, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo de retracto de herdeiros, co número 94/1995, seguido por instancia de José Furelos Quinteiro, contra María Josefa Furelos López e outros, nos que se dictou resolución.

Acordando o emprazamento do codemandado Ramón Furelos Quinteiro, en paradoiro descoñecido, así como ós herdeiros descoñecidos e incertos que puidesen estar interesados na herdanza de Manuel Quinteiro López, por este medio no prazo de nove días comparezan en autos e contesten na demanda baixo apercibimento de que se non o manifestan practicarase o prevido nos artigos 527 e 528 da LAC.

E para que teña os efectos oportunos expido o presente edicto en Arzúa o once de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-3218