Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 03 de xullo de 1995 Páx. 5.255

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (379/1994).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de xuízo executivo nº 379/1994, notifícase ós demandados Grupo Industrial e Comercial S.L., Demetrio Vázquez Galdo e María Alicia Figueira Rey a sentencia dictada neles e que ten o encabezamento e parte dispositiva seguintes:

Vistos por Manuel Pérez Echineque, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número un desta cidade e do seu partido, os presentes autos de xuízo executivo seguidos neste xulgado co nº 379/1994, entre partes, dunha, como demandante, Banco Central Hispanoamericano, S.A., domiciliado en Madrid, representado en autos polo procurador García Piccoli, asistido do letrado Rodríguez Gigirey Pérez, e da outra, como demandados, a entidade DINATEX, S.L., domiciliada en Santiago de Compostela, representada en autos polo procurador Gómez Martín, asistido do letrado Hospido Loeiras, Manuel Abuín Rodríguez, maior de idade e veciño de Rianxo, representado en autos polo procurador Varela Tobío, asistido da letrada Martínez Vidal, Grupo Industrial e Comercial, S.L., Demetrio Vázquez Galdo e María Alicia Figueira Rey, todos eles en paradoiro descoñecido, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de contrato mercantil de crédito na modalidade de desconto.

Decido:

1. Que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada neste proceso contra Grupo Industrial e Comercial, S.L., Demetrio Vázquez Galdo e María Alicia Figueira Rey, facendo remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante Banco Central Hispanoamericano S.A. da suma principal de 637.949 pesetas máis os gastos, xuros correspondentes e custas causadas e que se causen, que preceptivamente se lle impoñen á parte debedora.

2. Que estimando as demandas de oposición formuladas polos procuradores Gómez Martín e Varela Tobío, en nome e representación de Dinatex, S.L. e Manuel Abuín Rodríguez, respectivamente, nos presentes autos de xuízo executivo seguidos por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A:, a quen representa o procurador García Piccoli, debo declarar e declaro non haber lugar a pronunciar sentencia de remate, absolvendo os citados executados e mandando o inmediato levantamento dos embargos practicados, a custa da parte executante, a quen se lle impoñen as custas causadas pola invervención dos mesmos.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que sirva de notificación ós demandados Grupo Industrial e Comercial, S.L:, Demetrio Vázquez Galdo e María Alicia Figueira Rey, declarados en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG que asino en Santiago de Compostela o seis de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

95-3253