DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 4 de outubro de 2024 Páx. 53592

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO relativo á convocatoria de procedemento selectivo referente a varias prazas incluídas na oferta de emprego público de 2022.

No Diario Oficial de Galicia núm. 161, do 22 de agosto de 2024, publicouse anuncio relativo á convocatoria de procedemento selectivo referente á convocatoria de varias prazas incluídas na oferta de emprego público de 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 181, do 18 de setembro 2024, publicouse anuncio de corrección de erro logo de advertírense erros no anuncio do Boletín Oficial da provincia de Ourense número 155, do 12 de agosto de 2024, e queda o anuncio da seguinte maneira:

«Bases específicas da praza de peón/peoa obras maquinista, persoal laboral fixo, no artigo 2: condicións das persoas aspirantes, onde di: «Estar en posesión ou en condición de obter no día en que remate o prazo de presentación de solicitude de participación, os permisos de conducir C en vigor.» debe dicir: «Estar en posesión ou en condición de obter no día en que remate o prazo de presentación de solicitude de participación, os permisos de conducir B en vigor».

Bases específicas da praza de peóns/peoas xardinaría, persoal laboral fixo, no artigo 2: condición das persoas aspirantes. Ademais dos requisitos establecidos na base 5ª das bases xerais exíxese: engádese «...Celga 2 ou equivalente».

Bases específicas da praza de auxiliar administrativo/a de Protección Civil, persoal laboral fixo, no artigo 2: condicións das persoas aspirantes, onde di: «carné de conducir tipo C» debe dicir: «carné de conducir tipo B» e «Celga 3 ou equivalente».

Rectifícanse os ditos erros de conformidade co artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

San Cibrao da Viñas, 30 de setembro de 2024

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa