DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 4 de outubro de 2024 Páx. 53593

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO do proceso selectivo de seis prazas de auxiliar administrativo/a incluídas na oferta pública de emprego para o ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 204, do 3 de setembro de 2024, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a cobertura, como funcionario de carreira, de seis prazas de auxiliar administrativo da Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2, por concurso-oposición en quenda libre, incluídas na oferta de emprego público do Concello de Sarria para o ano 2022.

De conformidade co disposto nas citadas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da páxina web municipal: https://sarria.sedelectronica.es

Sarria, 11 de setembro de 2024

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde