DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 4 de outubro de 2024 Páx. 53590

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Notificada a incoación do expediente e non levándose a cabo as limpezas das parcelas, o concelleiro delegado de Medio Ambiente adopta os seguintes acordos, do 4.9.2024, 10.9.2024 e 13.9.2024 e, ao non resultar posible a súa práctica, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, procédese a notificar mediante a publicación no BOE, DOG e taboleiro de anuncios do concello o seguinte:

Acto que se vai notificar

Propietario/a

Parcela catastral

– Orde de execución de eliminación de maleza nun terreo sito en Pedraguda-Cabreira

– Orde de execución de eliminación de maleza e arboredo en Fillaboa-Salvaterra

– Orde de execución de eliminación de malezas e arboredo en Grubenla-Cabreira

– Orde de execución de eliminación de malezas en Cruceiro-Vilacoba

– Orde de execución de eliminación de malezas e arborado en Codesás-Salvaterra

Manuel Queiruga Lorenzo

Descoñecido

Descoñecido

Rosa Montero Francisco

Descoñecido

Pol. 94, parcela 146

Pol. 106, parcelas 611, 672, 674 e 675

Pol. 96, parcela 543

Pol. 115, parcelas 369, 372 e 374

Pol. 5, parcela 422

Requíreselles aos propietarios que, no prazo máximo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, procedan á xestión da biomasa na parcela indicada, de conformidade cos artigos 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

En caso de incumprimento, poderase proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custes de xestión da biomasa, e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da Lei 3/2007; ou á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento. En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Todo iso sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

O texto íntegro do documento e resto de trámites do expediente poderán ser consultados, por comparecencia do interesado, no Departamento de Secretaría do Concello de Salvaterra de Miño para o seu coñecemento.

Salvaterra de Miño, 13 de setembro de 2024

Marta Valcárcel Gómez
Alcaldesa