DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 4 de outubro de 2024 Páx. 53589

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Quiroga

ANUNCIO de aprobación da modificación por amplicación da oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal (Lei 20/2021, do 28 de decembro).

Expediente: 377/2022.

En cumprimento do disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, mediante o Decreto da Alcaldía do 2 de outubro de 2024 resolveuse aprobar a modificación por ampliación da oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal, e engádese a seguinte praza/posto:

Denominación do posto

Xornada

Réxime xurídico

Número de vacantes

Sistema de acceso Lei 20/2021

Xardineiro/a-peón/a de medio ambiente

Completa

L

1

Disposición adicional 6ª

O que se fai público para xeral coñecemento.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer alternativamente recurso potestativo de reposición ante o alcalde-presidente polo prazo de 1 mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo que por quenda corresponda no prazo de dous meses, de conformidade co disposto nos artigos 46 e concordantes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LRXCA).

Se se optase por interpoñer o recurso de reposición potestativo non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio, ao abeiro do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Quiroga, 2 de outubro de 2024

José Luis Rivera Castro
Alcalde