DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2024 Páx. 52870

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicas as baremacións provisionais da convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de persoal de investigación.

Mediante a Resolución desta dirección xeral do 27 de decembro de 2022 (DOG núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023) realizouse a convocatoria excepcional do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal de investigación.

Mediante a Resolución deste mesmo centro directivo, do 27 de xuño de 2024 (DOG núm. 128, do 3 de xullo), declaráronse, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas nas convocatorias excepcionais do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de persoal de investigación e publicáronse as datas de realización da fase de entrevista.

A base 8.1.4 da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 27 de decembro de 2022 establece que, unha vez realizada polo tribunal a baremación correspondente, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia o anuncio da súa exposición, con indicación da puntuación provisional obtida por cada aspirante nos distintos puntos do anexo II, da correspondente á acreditación do coñecemento da lingua galega, de ser o caso, así como da valoración total do concurso de méritos.

De conformidade coas anteditas bases, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso:

RESOLVE:

Primeiro. Publicar as puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes admitidos/as no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas seguintes categorías de persoal investigador:

– Investigador sanitario-subgrupo C1.

– Investigador sanitario-subgrupo A1.

– Investigador non sanitario-subgrupo A1.

Segundo. As puntuacións provisionais nas categorías relacionadas na epígrafe anterior poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. De conformidade coa base 8.1.4 da Resolución do 27 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Tales reclamacións serán rexeitadas ou admitidas na resolución definitiva, que aprobará esta dirección xeral e que se publicará no Diario Oficial de Galicia, logo da análise das reclamacións por parte do tribunal que efectuará, de ser o caso, as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas de méritos do concurso e elevaraas á autoridade convocante.

Cuarto. De acordo coa base 8.1.2 da Resolución do 27 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, as seguintes persoas aspirantes quedan excluídas do proceso selectivo ao non compareceren á entrevista, de carácter obrigatorio, e quedan sen efecto todas as súas actuacións nel:

Investigador sanitario-subgrupo A1

Apelidos e nome

DNI

Liña de investigación

Busto Domínguez, Iván

***2741**

CM22-Investigación-A1 SAN-Epidemioloxía xenética e molecular do cancro. Quimioprevención do cancro: ensaios clínicos. Vitamina D, nutracéuticos, fungos, microbioma

Collado Rodríguez, Manuel

***7426**

CM22-Investigación-A1 SAN-Senescencia celular en fisioloxía e patoloxía

Investigador sanitario-subgrupo C1

Apelidos e nome

DNI

Liña de investigación

García Catoira, Francisco

***3402**

CM22-Investigación-C1 SAN-Xestión e manexo de microscopia confocal

Quinto. De igual modo, a base 7.7.2 da Resolución do 27 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, faculta o tribunal para apreciar de forma motivada a ausencia dunha capacidade investigadora mínima para desenvolver a correspondente liña de investigación.

O tribunal, nas reunións dos días 11 e 17 de xullo de 2024, acordou que a puntuación mínima para apreciar a dita ausencia de capacidade investigadora sexa de dous (2) puntos na epígrafe de méritos de investigación e innovación sanitaria.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2024

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos