DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2024 Páx. 51004

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 9 de setembro de 2024 pola que se convocan cursos descentralizados para realizar edicións do Curso básico de protección civil.

Advertidos erros na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia do 11 de setembro de 2024 (número 175), cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 50269, na base novena no punto 2º, onde di:

«2º. Reservarase un 40 por cento das prazas ás persoas con residencia no concello onde se realice o curso na modalidade presencial ou no concello onde se realice a parte presencial/práctica na modalidade semipresencial».

Debe dicir:

«2º. Reservaráselles un 40 % das prazas ás persoas con residencia no concello onde se realice o curso na modalidade presencial».

Na páxina 50271, na base décimo segunda, no punto 2, onde di:

«2. O/a alumno/a que, por enfermidade ou algunha outra causa xustificada, perda máis do 10 % da parte presencial do curso de formación, será declarado non apto e poderá incorporarse ao curso seguinte ou cando a causa determinante llo permita».

Debe dicir:

«2. A/o alumna/o que, por enfermidade ou algunha outra causa xustificada, perda máis do 10 % da parte presencial ou un módulo completo do curso de formación, será declarado/a non apto/a e poderá incorporarse ao curso seguinte ou cando a causa determinante llo permita».