DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2024 Páx. 51005

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024 pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social destinadas o persoal laboral desta entidade para o exercicio 2024.

A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, na súa reunión do 30 de xullo de 2024, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal, encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2024, axudas para a atención a persoas con discapacidade. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios e na intranet da institución e queda aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia durante un mes.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2024

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega