DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2024 Páx. 48704

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria por promoción interna (disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e disposición adicional décimo sétima da Lei do emprego público de Galicia) de doce postos de traballo de persoal laboral fixo.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 151, do 5 de agosto de 2024, publicáronse as bases da convocatoria de promoción interna (DT2ª RDL 5/2015, do 30 de outubro, TRLEBEP, e DA 17ª da LEPG) de 12 postos de traballo de persoal laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra.

O número de prazas, a súa denominación e as características relaciónanse a continuación:

– Catro prazas de axudante/a de educación, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio, integradas no grupo A2.

– Dúas prazas de técnico/a auxiliar de biblioteca, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico auxiliar, integradas no grupo C1.

– Unha praza de técnico/a de mantemento, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio, integrada no grupo A2.

– Dúas prazas de auxiliar de atención ao público, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase labores especiais, integradas no grupo C2.

– Tres prazas de auxiliar de administración xeral, encadradas na escala da Administración xeral, subescala auxiliar, integradas no grupo C2.

O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 6 de agosto de 2024

O presidente da Deputación de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada pola R.P. nº 2024005761, do 10.7.2024)
Jesús Vázquez Almuíña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral