DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2024 Páx. 48703

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria dun posto de traballo de persoal laboral fixo, categoría mestre/a composteiro/a, incluído na oferta de emprego público do ano 2024, por sentenza xudicial firme.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 151, do 5 de agosto de 2024, publicáronse as bases da convocatoria dun posto de traballo de persoal laboral fixo de mestre/a composteiro/a, incluído na oferta de emprego público do ano 2024, por sentenza xudicial firme.

O número de postos, a súa denominación e as características relaciónanse a continuación:

– Un posto de traballo de mestre/a composteiro/a, do grupo C2 (ofertado no ano 2024 e correspondente a unha vacante asignada a laboral indefinido por sentenza xudicial firme).

O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 6 de agosto de 2024

O presidente da Deputación de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada pola R.P. nº 2024005761, do 10.7.2024)
Jesús Vázquez Almuíña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral