DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2024 Páx. 48706

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da incluídas na oferta de emprego público do ano 2024 (CPI2024J).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 151, do 5 de agosto de 2024, publicáronse as bases da convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público do ano 2024 (CPI2024J).

O número de prazas, a súa denominación e as características relaciónanse a continuación:

– Catro prazas de administrativo/a rama tributaria, encadradas na escala da Administración xeral, subescala administrativa, integradas no subgrupo C1 (OEP 2024).

– Dúas prazas de técnico/a de sistemas, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase media, integradas no subgrupo A2 (OEP 2024).

– Seis prazas de técnico/a medio/a en educación, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase media, integrada no subgrupo A2 (OEP 2024).

– Unha praza de deseñador/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no subgrupo C1 (OEP 2024).

O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 6 de agosto de 2024

O presidente da Deputación de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada pola R.P. nº 2024005761, do 10.7.2024)
Jesús Vázquez Almuíña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral