DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2024 Páx. 48707

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario incluídas na oferta de emprego público do ano 2024 (CL2024J).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 151, do 5 de agosto de 2024, publicáronse as bases da convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público do ano 2024 (CL2024J).

O número de prazas, a súa denominación e as características relaciónanse a continuación:

– Unha praza de técnico/a medio/a de tradución, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a e integrada no subgrupo A2, reservada a persoas con discapacidade (OEP 2024).

– Unha praza de oficial/a agrícola gandeiro/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no subgrupo C2 (OEP2024).

– Unha praza de oficial/a de cociña, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no subgrupo C2 (OEP2024).

O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 6 de agosto de 2024

O presidente da Deputación de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada pola R.P. nº 2024005761 do 10.7.2024)
Jesús Vázquez Almuiña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral