DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 2 de agosto de 2024 Páx. 45349

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadumia

ANUNCIO da convocatoria para a estabilización de prazas de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público extraordinaria de 2022.

No BOPPO núm. 228, do 29 de novembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais, e no BOPPO núm. 25, do 6 de febreiro de 2023 e no BOPPO núm. 26, do 7 de febreiro de 2023, publicouse unha corrección de erros sobre elas e publicáronse as bases específicas que rexerán as convocatorias dos procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal do Concello de Ribadumia, incluídas na oferta de emprego público extraordinario de 2022, de acordo coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicada no BOPPO núm. 95, do 19 de maio de 2022, e que a continuación se relacionan:

Denominación

Grupo

Núm. prazas

Sistema selectivo

Relación

Técnico/a de Urbanismo

A1

1

Concurso - oposición

Laboral

Monitor sociocultural

C2

1

Concurso - oposición

Laboral

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas bases da convocatoria.

Ribadumia, 23 de xullo de 2024

David José Castro Mougán
Alcalde