DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 2 de agosto de 2024 Páx. 45348

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e das bases específicas dos procesos selectivos para a cobertura dunha praza de encargado/a de brigada de vías e obras e dunha praza de arquitecto/a técnico/a.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 278, do 4 de decembro de 2023, foron publicadas as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios/as e persoal laboral do Concello de Lugo en quenda libre, así como a prazas reservadas a promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 134, do 11 de xuño de 2024, foron publicadas a convocatoria e as bases específicas que rexerán os procesos selectivos para a cobertura das seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo:

– 1 praza de encargado/a de brigada de vías e obras, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, subgrupo C2, quenda de promoción interna.

– 1 praza de arquitecto/a técnico/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, subgrupo A2, quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 2 de xullo de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía nº 464/2024, do 19.1.2024,
modificado polo Decreto nº 4036/2024, do 30.4.2024)
Miguel Fernández Méndez
Tenente de alcaldesa delegado da Área de
Transición Ecolóxica por suplencia do
Tenente de alcaldesa delegado da Área de
Xestión Integral de Recursos Internos