DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 2 de agosto de 2024 Páx. 45350

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de conserxe, persoal laboral fixo, grupo V, incluída na oferta de emprego público de 2021.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 127, do 3 de xullo de 2024, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover en propiedade a praza vacante deste concello coas seguintes características:

Persoal laboral fixo:

– Unha (1) praza de conserxe, persoal laboral fixo, grupo V.

Sistema selectivo: concurso-oposición pola quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 9 de xullo 2024

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde