DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 2 de agosto de 2024 Páx. 45351

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para cubrir unha praza de oficial da Policía Local pola quenda de promoción interna, pertencente a oferta de emprego público de 2021.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 136, do 12 de xullo de 2024, publicouse anuncio da Resolución da Alcaldía, do 4 de xullo de 2024 (nº 2024-0893), pola que se aprobaron as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de persoal funcionario de carreira da categoría oficial, da escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase Policía local, mediante concurso-oposición por promoción interna.

As bases da convocatoria tamén se encontran expostas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Tui (http://concellotui.sedelectronica.gal) e, de forma complementaria, na páxina web municipal www.tui.gal

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Tui, 12 de xullo de 2024

Enrique Cabaleiro González
Alcalde