DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 30 de xullo de 2024 Páx. 44905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, pola que se aproba inicialmente e se somete a información pública o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto construtivo de apartadoiro ferroviario na plataforma loxística-industrial Salvaterra de Miño-As Neves.

Asunto: aprobación inicial e sometemento a información pública do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto construtivo do apartadoiro ferroviario na plataforma loxística-industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan).

Concello: Salvaterra de Miño e As Neves.

Promotor: Consorcio formado por Zona Franca de Vigo, Autoridade Portuaria de Vigo e a Xunta de Galicia a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

Expropiador: Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Consellería de Economía e Industria.

Antecedentes:

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia, mediante Acordo do 6 de maio de 2024, acordou a aprobación definitiva da modificación puntual número 2 do proxecto sectorial para a implantación da plataforma loxística industrial Salvaterra-As Neves (en diante, Plisan). Mediante a Resolución do 13 de xuño de 2024, do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) fíxose pública a dita aprobación definitiva (DOG número 118, do 19 de xuño). Esta modificación recolle a superficie necesaria para a execución do proxecto construtivo de apartadoiro ferroviario na Plisan.

Segundo. O proxecto sectorial para a implantación da Plisan aprobouse no ámbito de aplicación da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, normativa derrogada actualmente pola Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia. A aprobación desta segunda modificación do proxecto sectorial mencionado levaba implícita a declaración da utilidade pública e interese social das obras, instalacións e servizos previstos, así como a necesidade de ocupación, para os efectos de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a súa execución, establécese como sistema de xestión a expropiación forzosa.

Terceiro. O Consorcio formado por Zona Franca de Vigo, a Autoridade Portuaria de Vigo e a Xunta de Galicia, a través do IGVS dependente da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas son as entidades promotoras da Plisan. Na expropiación actúa a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial como Administración expropiante. De acordo co artigo 20.g) do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria corresponde á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial a adquisición de solo por calquera título, mesmo por expropiación forzosa, dos terreos destinados á formación de reservas de solo, preparación de soares, dotacións e equipamento, para o desenvolvemento e a xestión da política de solo empresarial. As referencias ao IGVS como órgano expropiador agora deben entenderse referidas á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.

Cuarto. Con data do 14 de maio de 2024 foi remitido o proxecto de expropiación redactado por Estudio Técnico Gallego, S.A. ao IGVS para a súa aprobación inicial. O IGVS deu traslado desta solicitude á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial como órgano expropiador da citada actuación.

Quinto. O proxecto de expropiación foi asinado polo perito da Administración e o representante da Administración con data do 18 de xullo de 2024, tamén foi informado polo Servizo de Planificación e Ordenación do Solo do IGVS.

Consideracións legais:

Primeiro. O procedemento do expediente expropiatorio para a execución do apartadoiro ferroviario da Plisan, iníciase en virtude da antedita aprobación definitiva da segunda modificación do proxecto sectorial para a implantación da Plisan e de conformidade cos artigos 117.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 290.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, nos que establecen que a expropiación se aplicará por polígonos completos e abarcará todos os bens e dereitos neles incluídos e de conformidade co artigo 51 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia.

Segundo. A Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial ten atribuída a competencia para a adquisición de solo por calquera título, mesmo por expropiación forzosa, dos terreos destinados á formación de reservas de solo, preparación de soares, dotacións e equipamentos, para o desenvolvemento e a xestión da política de solo empresarial, artigo 20.g) do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria.

Terceiro. Trátase dunha expropiación por razón de ordenación territorial e urbanística e, como tal, regulada no Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, e na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e o seu regulamento aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Cuarto. O expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta e de acordo co disposto nos artigos 42 e seguintes do Real decreto lexislativo 7/2015, os artigos 117 e 118 da Lei 2/2016; e 290 e seguintes do Decreto 143/2016.

Quinto. Para os efectos de fixación do prezo xusto, o seu pagamento ás persoas propietarias e a ocupación dos predios afectados, confeccionouse o oportuno proxecto de expropiación, de acordo coa normativa previamente citada. Este proxecto tramitarase polo procedemento de taxación conxunta e ten por obxecto a expropiación pola Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto construtivo de apartadoiro ferroviario na Plisan, tendo a condición de beneficiarios da expropiación os tres promotores da Plisan.

Sexto. A persoa titular da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial é o órgano competente para asinar a presente resolución, en virtude das competencias conferidas polo artigo 20.g) do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria.

De conformidade co previsto no Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana e a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia,

ACÓRDASE:

Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto construtivo de apartadoiro ferroviario na plataforma loxística-industrial Salvaterra de Miño-As Neves.

Segundo. Someter a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia, o citado proxecto de expropiación forzosa, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade, bens ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Así mesmo, darase audiencia ao Concello de Salvaterra de Miño e As Neves e notificarase ao Ministerio Fiscal e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda e, para os efectos previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase no taboleiro de edictos únicos do Boletín Oficial del Estado.

Igualmente, o expediente estará exposto polo prazo dun mes á disposición das persoas interesadas no Concello de Salvaterra de Miño e As Neves, nas oficinas da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria na avenida Mª Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, ademais da páxina web da consellería, https://economia.xunta.gal

Durante o antedito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas dirixidas á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial nos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Terceiro. Notificar individualmente as valoracións ás persoas que aparecen como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de prezo xusto e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.

Incorpórase como anexo a relación inicial de bens, dereitos e titulares.

Santiago de Compostela, 23 xullo de 2024

Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

ANEXO I

Relación inicial de bens, dereitos e titulares do proxecto construtivo
do apartadoiro ferroviario Plisan

Termo municipal: Salvaterra do Miño

Finca

Ref. catastral

Titular

Superficie total m2

Superficie afectada m2

1

A

36050A037002390000PI

Administrador Infraest. Ferrov.

609

598

3

A

36050A076000050000PL

Administrador Infraest. Ferrov.

723

225

4

A

36050A076006720000PB

Administrador Infraest. Ferrov.

976

976

5

A

36050A038001640000PW

Administrador Infraest. Ferrov.

519

519

5

 

36050A038001640000PW

Amparo Domínguez López

1536

175

6

 

36050A038001650000PA

Emerita González Domínguez e un máis

593

66

María González Domínguez

7

A

36050A038001630000PH

Administrador Infraest. Ferrov.

196

196

7

 

36050A038001630000PH

María Morais Groba

285

89

8

A

36050A038001620000PU

Administrador Infraest. Ferrov.

65

65

8

 

36050A038001620000PU

María Suárez Domínguez

954

150

9

A

36050A038001550000PJ

Administrador Infraest. Ferrov.

644

644

9

 

36050A038001550000PJ

María África Lorenzo Simón

1427

376

10

A

36050A038001560000PE

Administrador Infraest. Ferrov.

293

293

10

 

36050A038001560000PE

Áridos do Mendo, S.L.

539

87

11

A

36050A038001530001AM

Administrador Infraest. Ferrov.

523

523

11

 

36050A038001530001AM

María Concepción Simón Rey

1891

13

12

A

36050A038001500001AL

Administrador Infraest. Ferrov.

484

484

12

 

36050A038001500001AL

María Suárez Domínguez

5469

595

Florencio H Suárez Domínguez

13

A

36050A038001520000PD

Administrador Infraest. Ferrov.

367

364

13

 

36050A038001520000PD

Áridos do Mendo, S.L.

1041

226

14

A

36050A038009330000PB

Administrador Infraest. Ferrov.

299

299

14

 

36050A038009330000PB

Descoñecido

1107

75

15

A

36050A038001490000PD

Administrador Infraest. Ferrov.

19

19

15

 

36050A038001490000PD

Cándida González González

81

2

16

A

36050A038001440001AG

Administrador Infraest. Ferrov.

145

145

16

 

36050A038001440001AG

Antonio Calviño Merino e un máis

913

50

Josefa Fernández Lago

17

A

36050A038001450001AQ

Administrador Infraest. Ferrov.

329

329

17

 

36050A038001450001AQ

Alfonso Porto Rodríguez e un máis

3129

111

María Concepción González González

18

A

36050A038001460000PO

Administrador Infraest. Ferrov.

42

42

19

A

36050A038001470000PK

Administrador Infraest. Ferrov.

14

14

20

A

36050A038001480000PR

Administrador Infraest. Ferrov.

624

624

20

 

36050A038001480000PR

Descoñecido

1339

716

21

 

36050A075001830000PA

Flota Suardiaz, S.A.

1557

275

30

A

36050A076000070000PF

Administrador Infraest. Ferrov.

142

2

32

 

36050A038001610000PZ

Áridos do Mendo, S.L.

1996

18

33

A

36050A038006000000PX

Administrador Infraest. Ferrov.

37

37

33

 

36050A038006000000PX

Descoñecido

414

298

34

A

36050A038004900000PY

Administrador Infraest. Ferrov.

49

49

34

 

36050A038004900000PY

Prudencio Alves Suárez

225

144

35

A

36050A038004890000PQ

Administrador Infraest. Ferrov.

64

64

35

 

36050A038004890000PQ

Eladio Fernández López

242

117

36

A

36050A038004880000PG

Administrador Infraest. Ferrov.

49

49

36

 

36050A038004880000PG

Jacinto González Rey

189

57

37

A

36050A038004870000PY

Administrador Infraest. Ferrov.

47

47

37

 

36050A038004870000PY

Luciano González Sousa

141

30

38

A

36050A038004860000PB

Administrador Infraest. Ferrov.

53

53

38

 

36050A038004860000PB

Emerita González Domínguez e un máis

153

23

María González Domínguez

39

 

36050A038003020000PT

Celso Alfonso Rodríguez

312

12

40

A

36050A038003030000PF

Administrador Infraest. Ferrov.

247

247

40

 

36050A038003030000PF

Francisco Humanes Alfonso

282

36

41

A

36050A038003010000PL

Administrador Infraest. Ferrov.

99

99

41

 

36050A038003010000PL

Lino González Domínguez

476

55

42

A

36050A038003000000PP

Administrador Infraest. Ferrov.

142

142

42

 

36050A038003000000PP

María del Carmen Alves Suárez

448

39

43

A

36050A038002990000PP

Administrador Infraest. Ferrov.

141

141

43

 

36050A038002990000PP

Pastora Pérez Cruces

317

32

44

A

36050A038002980000PQ

Administrador Infraest. Ferrov.

114

114

44

 

36050A038002980000PQ

Rosa María Reijas Gil e un máis

274

24

Atilano Reijas Gil

45

A

36050A038002970000PG

Administrador Infraest. Ferrov.

190

190

45

 

36050A038002970000PG

Valentina Soto Cruces

363

33

46

A

36050A038002960000PY

Administrador Infraest. Ferrov.

132

132

46

 

36050A038002960000PY

Manuel Reijas Franco

230

17

47

A

36050A038002950000PB

Administrador Infraest. Ferrov.

174

174

47

 

36050A038002950000PB

María Isabel Alfonso Domínguez

278

14

48

A

36050A038002940000PA

Administrador Infraest. Ferrov.

224

223

48

 

36050A038002940000PA

Francisca Crespo Montes

336

8

49

A

36050A038002930000PW

Administrador Infraest. Ferrov.

105

104

49

 

36050A038002930000PW

Ángeles Martínez e un máis

144

2

Julio Martínez

50

A

36050A038002920000PH

Administrador Infraest. Ferrov.

182

182

50

 

36050A038002920000PH

Emilio José Fernández Iglesias e un máis

215

4

María del Carmen Fernández Iglesias

51

A

36050A038002910000PU

Administrador Infraest. Ferrov.

299

298

51

 

36050A038002910000PU

Josefa Fernández Alfonso

306

2

52

A

36050A038002900000PZ

Administrador Infraest. Ferrov.

184

184

53

A

36050A038003040000PM

Administrador Infraest. Ferrov.

500

500

53

 

36050A038003040000PM

Prudencio Suárez Montes

1.349

61

54

A

36050A038003060000PK

Administrador Infraest. Ferrov.

1

1

54

 

36050A038003060000PK

María Morais Groba

577

13

56

A

36050A038080030000PL

Administrador Infraest. Ferrov.

22

22

57

A

36050A038002890000PH

Administrador Infraest. Ferrov.

240

240

57

 

36050A038002890000PH

Ángeles Martínez e un máis

246

6

Julio Martínez

58

A

36050A038002880000PU

Administrador Infraest. Ferrov.

42

42

58

B

36050A038002870000PZ

Cruces González María Josefa

138

1

58

 

36050A038002880000PU

Julia Fernández Lorenzo

125

47

59

A

36050A038001720000PQ

Administrador Infraest. Ferrov.

71

71

59

 

36050A038001720000PQ

Ricardo Piñeiro

157

15

60

A

36050A038001710000PG

Administrador Infraest. Ferrov.

60

60

60

 

36050A038001710000PG

Ana Piñeiro González

98

2

61

A

36050A038001700000PY

Administrador Infraest. Ferrov.

143

143

61

 

36050A038001700000PY

Marcelino Simón Alfonso

254

40

62

A

36050A038001690000PQ

Administrador Infraest. Ferrov.

170

170

62

 

36050A038001690000PQ

Marcelino Simón Alfonso

265

47

64

A

36050A037004120001AS

Administrador Infraest. Ferrov.

20

20

64

 

36050A037004120001AS

María Pilar Mon Domínguez

43.213

1116

65

A

36050A037000480000PI

Administrador Infraest. Ferrov.

30

30

65

 

36050A037000480000PI

Juan Ramón González Suárez

101

15

66

A

36050A037000510000PI

Administrador Infraest. Ferrov.

31

31

66

 

36050A037000510000PI

María Luz Rodríguez Alfaya

149

15

67

A

36050A037000850000PE

Administrador Infraest. Ferrov.

28

28

67

 

36050A037000850000PE

Domingo Otero Rodríguez

121

12

68

A

36050A037000840000PJ

Administrador Infraest. Ferrov.

32

32

68

 

36050A037000840000PJ

Descoñecido

113

12

69

A

36050A037000830000PI

Administrador Infraest. Ferrov.

19

19

69

 

36050A037000830000PI

María Catalina Moure Cruces

133

9

70

A

36050A037000820000PX

Administrador Infraest. Ferrov.

24

24

70

 

36050A037000820000PX

Antolina Rodríguez Rodríguez

125

10

71

A

36050A037000810000PD

Administrador Infraest. Ferrov.

28

28

71

 

36050A037000810000PD

Lino González Domínguez

143

11

72

A

36050A037000800000PR

Administrador Infraest. Ferrov.

25

25

72

 

36050A037000800000PR

Antolina Rodríguez Rodríguez

121

9

73

A

36050A037000790000PX

Administrador Infraest. Ferrov.

43

43

73

 

36050A037000790000PX

Susana Pérez Carballo e un máis

208

15

Samuel González Núñez

74

A

36050A037000780000PD

Administrador Infraest. Ferrov.

33

33

74

 

36050A037000780000PD

José Manuel González Abril

167

13

75

A

36050A037000770000PR

Administrador Infraest. Ferrov.

21

21

75

 

36050A037000770000PR

Joaquín Humanes García e tres máis

106

10

76

A

36050A037000760000PK

Administrador Infraest. Ferrov.

17

17

76

 

36050A037000760000PK

Antonio Cruces Grandal

100

10

77

A

36050A037000750000PO

Administrador Infraest. Ferrov.

22

22

77

 

36050A037000750000PO

Pastora González Pino

104

12

78

A

36050A037000740000PM

Administrador Infraest. Ferrov.

44

44

78

 

36050A037000740000PM

Natividad Cruces Vaqueiro

228

32

79

A

36050A076000030000PQ

Administrador Infraest. Ferrov.

828

819

79

B

36050A076000040000PP

Alfonso Rodríguez Celso

1.012

2

79

 

36050A076000030000PQ

CMVMC de Oleiros

318

317

80

A

36050A076000020000PG

Administrador Infraest. Ferrov.

199

199

81

A

36050A076000010000PY

Administrador Infraest. Ferrov.

120

45

Termo municipal: As Neves

Finca

Referencia catastral

Titular

Superficie total m2

Superficie afectada m2

22

A

36034A015012720000HI

Autoridad Portuaria de Vigo Mopt

1.212.812

5

22

 

36034A003000010000HI

Descoñecido

48

46

23

 

36034A003000030000HE

Antonio Soto Carballeira

139

135

24

 

36034A003000020000HJ

Descoñecido

211

209

25

A

36034A003006350000HR

Administrador Infraest. Ferrov.

1.339

1.339

25

 

36034A003006350000HR

Junta de MVMC Parroq. Liñares

2.134

716

27

 

36034A003007660000HX

Descoñecido

311

290

28

 

36034A003007650000HD

Asoc. Veciñ. St. Maria de Liñares

11.286

356